AS NACIONALISTAS COMPROMÉTENSE A ADQUIRIR A CASA GÓTICA E RECONSTRUÍLA PARA ACOLLER UN DENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CASCO HISTÓRICO.

Devolveremos as oficinas municipais ao Casco Histórico

Ana Pontón acompañou a Henrique del Río nun reparto polo centro e o casco histórico de Betanzos.

As nacionalistas comprométense a adquirir a Casa Gótica e reconstruíla para acoller un dentro de interpretación do Casco Histórico.

Devolveremos as oficinas municipais ao Casco Histórico

Ana Pontón acompañou a Henrique del Río nun reparto polo centro e o casco histórico de Betanzos.

As nacionalistas comprométense a adquirir a Casa Gótica e reconstruíla para acoller un dentro de interpretación do Casco Histórico.

Betanzos, 20 de maio de 2019. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañou esta mañá ao candidato nacionalista á alcaldía de Betanzos, Henrique del Río. Durante unha visita ao centro histórico da cidade, a líder do BNG asegurou que "Betanzos precisa ter un goberno coas ideas claras, que desenvolva todo o seu potencial, porque pode ser outro referente como Allariz". "Precisa urxentemente aplicarlle o modelo de concellos do BNG para brillar como merece", abundou.

 As nacionalistas comprometéronse a devolver as oficinas e dependencias municipais ao Casco Histórico. “Queremos adquirir e reacondicionar a casa contigua ao pazo municipal para devolver as oficinas administrativas á praza”, explica o candidato do BNG. “Os distintos gobernos de UCD, PSOE e PP foron baleirando a Casa Consistorial e levando progresivamente os servizos municipais fóra do Casco Histórico”, recordou o candidato á alcaldía, Henrique del Río. “Ë imposible recuperar e dinamizar a zona monumental se o propio Concello retira servizos dela”, engade.

“Buscaremos acordo con outras administracións que teñen oficinas oficiais en Betanzos para que traian as súas dependencias para o Casco Histórico, de maneira que axuden a recuperar o dinamismo da zona”, engade. “O noso goberno terá un papel activo, colaborando con todas estas administracións na busca dos inmobles axeitados para isto”, engade.

 “A Betanzos iso convenlle porque axuda a recuperar o Casco Histórico, e porque, por exemplo, buscándolle unha sede no Casco Histórico á Seguridade Social liberase ao 100% o antigo ambulatorio facilitando que o Estado o ceda para o centro de día”, abunda.

Adquisición da Casa Gótica para centro de interpretación do Casco Histórico

Neste sentido, o BNG defende recuperar a oferta de servizos do Casco Histórico adquirindo e reconstruíndo a Casa Gótica. “Ten que pasar a mans públicas para poder vela reconstruída, e cremos que é o lugar idóneo para acoller un centro de interpretación do Casco Histórico para poñer en valor a historia e memoria dunha cidade como a nosa”, detalla Del Río. “A propia biografía da Casa Gótica é, de algún xeito, resumo da historia do propio Casco Histórico, por iso é o lugar axeitado”, conclúe.

Devolveremos as oficinas municipais ao Casco Histórico