"A FINALIDADE É ASEGURAR “UNHA CONCORRENCIA IGUALITARIA, QUE ERRADIQUE TODA DISCRECIONALIDADE NA ASIGACIÓN DE FONDOS PÚBLICOS A ENTIDADES, CONVOCANDO ANUALMENTE CANDO MELLOR CONVEÑA A CADA TIPO DE ASOCIACIÓNS PARA PROGRAMAR AS SÚAS ACTIVIDADES"

Denunciamos que o goberno local pechou 2018 sen convocar as axudas para asociacións

O BNG comprométese a convocar anualmente as ordes de axudas a entidades culturais, deportivas e veciñais

"A finalidade é asegurar “unha concorrencia igualitaria, que erradique toda discrecionalidade na asigación de fondos públicos a entidades, convocando anualmente cando mellor conveña a cada tipo de asociacións para programar as súas actividades"

Denunciamos que o goberno local pechou 2018 sen convocar as axudas para asociacións

O BNG comprométese a convocar anualmente as ordes de axudas a entidades culturais, deportivas e veciñais

"A finalidade é asegurar “unha concorrencia igualitaria, que erradique toda discrecionalidade na asigación de fondos públicos a entidades, convocando anualmente cando mellor conveña a cada tipo de asociacións para programar as súas actividades"

Betanzos, 7 de febreiro de 2019. O BNG denunciou que o goberno local deixou acabar o 2018 sen convocar as subvencións para asociacións e entidades. "Os orzamentos de 2017, que pactaron PSOE e Marea, prevían asignar ás entidades que eles elixiron 127 000 euros, e repartir 25 000 entre o resto", recorda o voceiro do BNG, Henrique del Río. "As primeiras asinaron o seu convenio e levaron os cartos, pero as asociacións que dependen de que se convoque a orde de axudas viron como acababa 2018 sen que se convocase, privándoas de calquera achega municipal para as súas actividades", recorda.

"Segundo os orzamentos en vigor, 18 entidades repártense 127 000 euros, o que dá uns 7055.55 euros de media para cada entidade, mentres que ás outras 65 que había cando se aprobaron as contas tócalles repartirse 25 000 euros, que dá 384,61 de media" detalla. "E iso se o goberno ten a ben convocar, porque o 2018 acabou sen que o PSOE decidira convocala, castigando a estas entidades, a maioría das rexistradas, a non levar ningunha axuda municipal", relatan as nacionalistas.

"A esencia da democracia é precisamente tratar por igual a todas as persoas e non utilizar as normas para beneficiar ou castigar a quen conveña discrecionalmente" recordan. Por este motivo, desde o BNG comprométense a facer que o Concello trate por igual a todas as persoas e entidades e a conceder todas as axudas do Concello en base a convocatorias públicas con criterios obxectivos. "A veciñanza ten que saber en base a que criterios e buscando que finalidades se lle entregan os cartos de todas e todos ás asociacións", explicou Henrique del Río.

Neste sentido, o BNG comprométese a establecer bases reguladoras con criterios obxectivos e regrados” que rixan “todas as convocatorias de axudas e subvencións” do Concello. "A finalidade é asegurar “unha concorrencia igualitaria, que erradique toda discrecionalidade na asigación de fondos públicos a clubes deportivos, asociacións culturais, organizacións asistenciais ou entidades veciñais". "Cando remate a tempada deportiva é o momento de convocar as axudas para os clubes, e antes do inicio de cada curso convocaremos as axudas ás entidades culturais, veciñais, etc, para que poidan planificar axeitadamente as súas actividades", explica Del Río.

Neste sentido, as nacionalistas avogan por “limitar as subvencións 'a dedo' a aqueles casos moi concretos onde só haxa unha entidade que actúe no sector, como o caso actual da ANPA coas actividades extraescolares ou de ACEBE con accións de dinamización comercial, por exemplo. Estas medidas serán complementadas coa creación dunha nova páxina web municipal que garanta a transparencia na xestión dos fondos públicos. "A actual web practicamente é só propaganda do goberno municipal, é imposíbel saber a quen e para que se lle deron fondos públicos", lamentan desde BNG.

En 2014 o goberno local resolveu ao ano seguinte estas subvencións

Desde o BNG recordan que non é a primeira vez que o goberno local provoca problemas ás entidades coa súa xestión das ordes de axudas. En na convocatoria de 2014, recordan, o programa foi resolto ben entrado o 2015, e logo de ampliar irregularmente o prazo de xustificar as axudas. "A data límite para xustificar as subvencións por parte das entidades o goberno local aínda non as adxudicara", lembra Del Río, que insiste en que "isto provoca un problema a moitas entidades, que non poden programar as actividades do ano porque non saben se o Concello vai apoialas ou non".

Denunciamos que o goberno local pechou 2018 sen convocar as axudas para asociacións