Imprimir

Demandamos no Parlamento que a Xunta denegue a demolición da Fábrica da Luz

bngbetanzos | 16 de Septembro de 2018

A Fábrica da Luz desde a Galera
A Fábrica da Luz desde a Galera

As deputadas nacionalistas recordan o réxime de protección integral que ten provisionalmente o edificio principal do complexo da Fábrica da Luz, no que constitúe, segundo a propia Dirección Xeral de Patrimonio “unha obra significativa da primeira arquitectura industrial galega”.

As deputadas nacionalistas recordan o réxime de protección integral que ten provisionalmente o edificio principal do complexo da Fábrica da Luz, no que constitúe, segundo a propia Dirección Xeral de Patrimonio “unha obra significativa da primeira arquitectura industrial galega”.

Betanzos, 15 de setembro de 2018. O BNG presentou unha batería de iniciativas no Parlamento de Galiza para demandar da Xunta accións concretas que garantan a conservación da Fábrica da Luz. As deputadas nacionalistas demandan ao goberno galego que denegue a declaración de ruína que pretende Naturgy- a antiga Gas Natural Fenosa- para poder botar abaixo a factoría modernista.

Nas iniciativas rexistradas onte, o BNG recorda o réxime de protección integral que ten provisionalmente o edificio principal do complexo da Fábrica da Luz, levantado polo enxeñeiro López Cortón e ampliado en estilo modernista por Rafael González Villar no que constitúe, segundo a propia Dirección Xeral de Patrimonio “unha obra significativa da primeira arquitectura industrial galega”.

“o goberno local só anuncia sancións tras denunciar o BNG que ese prazo foi amplamente sobardado sen ningunha consecuencia para a empresa nin ningunha actuación por parte do Concello”

As deputadas do BNG chaman a atención pola demanda de “medidas oportunas para garantir a súa conservación, comezando pola súa protección”, citando a propia catalogación provisional do pasado ano e repasan a demora do Concello de Betanzos á hora de adoptar medidas efectivas de conservación da fábrica e a permisividade cos incumprimentos da empresa propietaria. Así, destacan que se tarda en dictar unha orde de execución para obrigar a Naturgy a manter en pé o edificio e que, tras ampliar o prazo de obras de dous a catro meses, “o goberno local só anuncia sancións tras denunciar o BNG que ese prazo foi amplamente sobardado sen ningunha consecuencia para a empresa nin ningunha actuación por parte do Concello”; como explica o portavoz municipal nacionalista.

Así, o BNG denuncia en sede parlamentaria os recursos contencioso-administrativos de Naturgy contra a denegación da licenza de demolición dun edificio catalogado provisionalmente como monumento industrial e contra a propia orde de execución cuxo prazo pedira ampliar.” En paralelo, a empresa remite ao Concello o 28 de xuño de 2018 solicitude de declaración de ruína técnica do edificio, insistindo nos argumentos expostos nos recursos e alegacións precedentes, contra a conservación do edificio modernista” explican as deputadas.

“É un edificio único no país, diferente doutras factorías co mesmo uso orixinal e non podemos permitirnos, nin como país nin como cidade, perder a Fábrica da Luz”

“No expediente municipal tramitado ao efecto despréndese que se remitirá á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta o asunto, recabando a súa autorización para proceder á declaración de ruína da factoría construída pola familia de Xohán Vicente Viqueira e ampliada por Rafael González Villar para Industrias Núñez nos anos 20 en clara estética modernista, configurando un edificio singular e único de cantos se dedicaron a esta actividade no país” remarcan.

Por este motivo, o grupo parlamentario do BNG demandará ao goberno galego que denegue a declaración de ruína da Fábrica da Luz e que adopte medidas sexan precisas para garantir a conservación deste elemento industrial. “É un edificio único no país, diferente doutras factorías co mesmo uso orixinal e non podemos permitirnos, nin como país nin como cidade, perder un inmoble así”, explica o voceiro do BNG no Concello de Betanzos.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/demandamos-parlamento-xunta-denegue-demolicion-da-fabrica-da-luz/20180916102330003325.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Betanzos

Bloque Nacionalista Galego

Travesía da Torre, nº2, 1º
15300 Betanzos (GALIZA)
Teléfono: +34981776466
Correo: betanzos@bng.gal