Demandamos medidas urxentes de conservación para a Fábrica da Luz

Vista da Fáabrica da Luz desde a Galera

Os nacionalistas preguntaron polas medidas concretas levadas a cabo polo goberno do PSOE e recordaron a moción do BNG sobre o tema, aprobada por unanimidade vai xa para dous anos

Demandamos medidas urxentes de conservación para a Fábrica da Luz

Os nacionalistas preguntaron polas medidas concretas levadas a cabo polo goberno do PSOE e recordaron a moción do BNG sobre o tema, aprobada por unanimidade vai xa para dous anos

Betanzos, 6 de febreiro de 2017. O BNG trasladou ao Pleno o pasado martes a situación da fábrica da luz. Os nacionalistas preguntaron polas medidas concretas levadas a cabo polo goberno do PSOE e recordaron a moción do BNG sobre o tema, aprobada por unanimidade vai xa para dous anos.

“No ano 2015 o Pleno aprobou incluír o edificio no catálogo de patrimonio industrial, a fin de mellorar a súa protección e conservación e a negociar a cesión e o amaño, intervindo entre tanto para garantir a seguridade das persoas viandantes pola Avenida da Coruña”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río.

O portavoz nacionalista, Henrique del Río lamentou que en dous anos apenas se teña avanzado nada. “O señor alcalde comunicounos que están seguindo os trámites para a inscrición como parte do patrimonio industrial, mais a este ritmo de deterioro deste edificio, coa cuberta xa medio caída e a estrutura danada, moito nos tememos que en pouco tempo non quede edificio que protexer”, engadiu o portavoz nacionalista.

As nacionalistas recordan que foi a iniciativa do BNG a que conseguiu que o goberno se dirixise á empresa propietaria do inmóbel, mais que esta se limitou apenas a poñer uns valos que impedisen o acceso ao edificio.

Para o BNG, é urxente esixir aos propietarios que manteña nunhas mínimas condicións dun edificio tan senlleiro. “A nosa proposta histórica pasa por adquirir o edificio para o converter en equipamento público”, engadiu Del Río.

A falta de actuacións nesta zona, critican as nacionalistas, transmite e reforza unha mala imaxe, de abandono e deterioración a quen pasa por Betanzos, “non só pola fábrica da luz, senón tamén polo edificio sindical tapiado. Por non falar do estado en que teñen o Pasatempo”, remata con indignación o portavoz nacionalista, Henrique del Río.

Demandamos medidas urxentes de conservación para a Fábrica da Luz