“O GASTO EN PROTOCOLO E PROPAGANDA É UN EXEMPLO DO GASTO DE MILLEIROS DE EUROS QUE FAI ESTE GOBERNO LOCAL EN COUSAS QUE NADA APORTAN Á CALIDADE DE VIDA DAS VECIÑAS, PERO POR DESGRAZA HAI MOITOS MÁIS”

Cuestionamos que o PSOE dispare os gastos de protocolo e propaganda e non invista en patrimonio

Henrique del Río é o voceiro do BNG. Foto ARUME
Henrique del Río é o voceiro do BNG. Foto ARUME
“Para patrimonio cultural, que debera ser estratéxico para Betanzos, os orzamentos destinaban máis de 779 000 euros e só se gastaron 26 000 euros, co cal queda bastante claro de onde sae ese remanente e como repercute en Betanzos”
Cuestionamos que o PSOE dispare os gastos de protocolo e propaganda e non invista en patrimonio

“Para patrimonio cultural, que debera ser estratéxico para Betanzos, os orzamentos destinaban máis de 779 000 euros e só se gastaron 26 000 euros, co cal queda bastante claro de onde sae ese remanente e como repercute en Betanzos”

Betanzos, 22 de novembro de 2019. O BNG cuestionou que ter superávit e remanente positivo sexa un indicativo de bo gasto público, como asegurou o goberno local. O voceiro do BNG, Henrique del Río, explicou como a conta xeral evidencia que a recadación foi un millón superior ao previsto inicialmente pero quedaron sen gastar 3,7 millóns de euros que estaba previsto investir”, detalla Del Río.

“Polo tanto, o remanente e o superavit do exercicio 2018 son a causa de non executar os fondos previstos no orzamento e non se deben, contra o que di o goberno local, a que aplicasen ben o orzamento ou recadasen máis do previsto”, engadiu. “O PSOE puxo unha cousa no orzamento, para vendelo como algo positivo, e gastou sen reparar sequera onde había cartos e onde non”, abunda o edil do BNG.

“De feito, quedaron sen pagar ao rematar o ano 2018 uns 356 550,41 euros en servizos ou subministros que xa recibira o Concello, que son, en parte, os que nos obrigaron a ter que aprobar un plan económico financeiro para dar estabilidade á facenda municipal”, relatan desde o BNG.

“Isto é, novamente e un ano máis, o goberno local do PSOE contratou servizos sen ter fondos nos orzamentos para facerlles fronte” relata. “Isto obrigou a empresas e autónomos a financiar gratuitamente ao Concello até que se puideron pagar” abunda o edil nacionalista. “E pagáronse tirando, precisamente, do que quedara sen gastar nos servizos e investimentos que o PSOE anunciara e incluíra no orzamento pero logo non quixo realizar”, engade Del Río.

Neste sentido, destacan as nacionalistas que segundo as cifras da conta xeral, o goberno do PSOE dilapidou máis de 49 000 euros (sobre os 9600 previstos no orzamento) en atencións protocolarias e representativas e outros 45 000 en propaganda. “Con estes case cen mil euros podían ter contratado moitas cousas que mellorasen a vida cotiá das betanceiras, como mobiliario urbano, limpeza das rúas ou investimentos en recuperar o patrimonio, que é o investimento estratéxico que pode facer Betanzos”, relata o voceiro do BNG.

“Pero a un ano das municipais o PSOE preferiu estragar os cartos de todas en repartir placas, convidar a pinchos e ágapes e regalar figuritas por simple interese partidista”, abunda. “O gasto en protocolo e propaganda é un exemplo do gasto de milleiros de euros que fai este goberno local en cousas que nada aportan á calidade de vida das veciñas, pero por desgraza hai moitos máis”, explican as nacionalistas.

Neste sentido, cuesitonan que o gasto nun programa que debera ser estratéxico para Betanzos, como o patrimonio cultural, tan só se executasen en 2018 algo máis de 26 000 euros, “nun estudo técnico”. “Se dicimos que o programa contaba con máis de 779 000 euros e só se gastou en patrimonio 26 000 euros queda bastante claro de onde sae ese remanente e como repercute en Betanzos” ironiza Del Río.

Cuestionamos que o PSOE dispare os gastos de protocolo e propaganda e non invista en patrimonio