Cuestionamos que o goberno local decidira non pedir dúas subvencións para actuacións de carácter ambiental

Henrique del Río nun pleno
Henrique del Río nun pleno

"Unha da Deputación e outra da Xunta que permitirían mellorar o ambiente urbano ou realizar algunhas medidas de carácter ambiental que o Pleno acordou a iniciativa do noso grupo”

Cuestionamos que o goberno local decidira non pedir dúas subvencións para actuacións de carácter ambiental

Betanzos, 9 de marzo de 2020. O BNG cuestionou que o goberno local decidira non pedir dúas subvencións para actuacións de carácter ambiental. “Unha da Deputación e outra da Xunta, ambas de importes reducidos, pero que permitirían mellorar o ambiente urbano ou realizar algunhas medidas de carácter ambiental que o Pleno acordou a iniciativa do noso grupo”, relata o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

O edil nacionalista recorda que con estas axudas, concellos da comarca levaron adiante medidas como a eliminación de especies invasoras, sinalización e posta en valor de espazos naturais ou ecosistemas de interese, campañas de concienciación, eliminación de velutinas, etc, propostas todas elas que o BNG tamén fixo en Betanzos para mellorar a calidade ambiental do municipio.

“É unha tomadura de pelo que o goberno do PSOE diga que eran axudas dun importe moi escaso que nada permitirían facer, porque, por exemplo, os 2500 euros da subvención da Deputación permitirían distribuír outras 250 trampas para velutinas, como as que repartira o goberno local o ano pasado”, exemplifica Del Río. “Esta medida permitiría amortecer o impacto das velutinas nun cultivo estratéxico para Betanzos como é o viño, é lamentábel que o goberno local non teña o medio como unha prioridade, nin para estas actuacións nin para rematar a rede municipal de saneamento e poñer fin ás verteduras aos ríos”, conclúen.

Cuestionamos que o goberno local decidira non pedir dúas subvencións para actuacións de carácter ambiental