Convocamos un pleno extraordinario para acordar o secuestro do contrato de axuda no fogar

WhatsApp Image 2017-11-27 at 18.18.28

Os grupos da oposición acordaron dar este paso tras non concluírse o expediente aberto polo goberno local hai uns meses, e logo de que Secretaría emitise outro informe onde considera evidentes e graves os incumprimentos do contrato, mais desaconsella a rescisión do mesmo.

Convocamos un pleno extraordinario para acordar o secuestro do contrato de axuda no fogar

Os grupos da oposición acordaron dar este paso tras non concluírse o expediente aberto polo goberno local hai uns meses, e logo de que Secretaría emitise outro informe onde considera evidentes e graves os incumprimentos do contrato, mais desaconsella a rescisión do mesmo.

Betanzos, 2 de abril de 2019. Os grupos de PP, BN, BNG e BeC no Concello de Betanzos veñen de rexistrar a solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario para tratar a situación do servizo de axuda no fogar.
A iniciativa promovida por toda a oposición municipal propón dar un prazo improrrogable de dez días á empresa concesionaria do servizo de axuda no fogar para corrixir todas as irregularidades e incumprimentos do contato relatadas pola coordinadora dos servizos sociais municipais e o secretario do Concello en senllos informes.

En caso de que a empresa faga caso omiso deste requerimento, PP, BN, BNG e BeC acordarán que o Pleno ordene o secuestro ou intervención do servizo para garantir a calidade do servizo que se dá ás persoas usuarias. A tal fin, nomean ás tres técnicas de servizos sociais como interventoras do servizo.
Ademais, acordarán no pleno requerir á alcaldesa a incoar expediente sancionador contra á empresa concesionaria "por incumprimento das obrigacións derivadas do contrato, consonte ao Prego de Cláusulas Administrativas que rexe o contrato e a normativa de aplicación".

Os grupos da oposición acordaron dar este paso tras non concluírse o expediente aberto polo goberno local hai uns meses, e logo de que Secretaría emitise outro informe onde considera evidentes e graves os incumprimentos do contrato, mais desaconsella a rescisión do mesmo, que algúns dos grupos da oposición defenderon en iniciativas propias.

En xaneiro do pasado 2018 PP, BN, BNG e BeC subscribiron unha moción conxunta tras reunirse coas traballadoras e os usuarios e coñecer de primeira man as súas reclamacións. Exixían unha investigación urxente que determinse se a empresa incumpriu o contrato e acordaron que, de ser así, se abraise un expediente sancionador ou de resolución contractual. O expediente abriuse, pero segue sen resolver a día de hoxe.

Convocamos un pleno extraordinario para acordar o secuestro do contrato de axuda no fogar