A “Caravana da mocidade” recala en Betanzos para presentar o Plan Retorna

caravana mocidade
caravana mocidade

Galiza Nova presentará mañá fronte ao Liceo as súas propostas para reducir a precariedade e temporalidade do desemprego xuvenil. Recuperar o Noitebús e crear o GALTREN, propostas para facilitar a mobilidade xuvenil.

A “Caravana da mocidade” recala en Betanzos para presentar o Plan Retorna

Galiza Nova presentará mañá fronte ao Liceo as súas propostas para reducir a precariedade e temporalidade do desemprego xuvenil. Recuperar o Noitebús e crear o GALTREN, propostas para facilitar a mobilidade xuvenil.

Betanzos, 10 de setembro de 2016. O BNG presentará mañá na Praza de Galiza o Plan Retorna, a súa proposta para favorecer a volta ao país da mocidade emigrada, especialmente da máis formada, como os e as investigadores, cunha liña específica para financiar a contratación de traballadores e traballadoras retornados.
A presentación terá lugar a carón da “Caravana da mocidade galega”, coa que Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, recalará en Betanzos de 18 a 20 h para presentar medidas específicas para frear a emigración e as altas taxas de desemprego xuvenil. “Presentamos medidas contra a precariedade para que a mocidade emigrada por mor das políticas de Feijóo poida voltar á terra para vivir e traballar dignamente” indican desde Galiza Nova.

Neste sentido, as nacionalistas chaman a atención sobre a alta taxa de desemprego xuvenil existente en Betanzos. “Son 103 as mozas e mozos de entre 16 e 29 anos que buscan emprego na nosa cidade, un 11,77% do total das persoas inscritas como desempregadas”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río. “Urxen medidas específicas para loitar contra a precariedade e a temporalidade laborais, para crear traballo digno e implantar medidas para igualdade salarial” engaden.

Recuperación do Noitebús e creación de GalTren

Outras das iniciativas que Galiza Nova está a popularizar coa “Caravana da Mocidade Galega” é a recuperación do Noitebús para reducir a sinistralidade en torno ao lecer nocturno das fins de semana. “Tamén facemos a proposta de ampliar os descontos en transporte público para estudantado e mocidade” explican desde a organización xuvenil do BNG.

Ademais, as mozas nacionalistas propoñen a creación do GALTREN, o tren galego de proximidade, unindo principais núcleos de poboación arredor das cidades cun medio económico, ecolóxico e eficaz, aproveitando as vías existentes.

A “Caravana da mocidade” recala en Betanzos para presentar o Plan Retorna