O BNG pide 250 000 euros para empezar a rehabilitación das casas da Xunta no Casco Histórico

“A pelota está no tellado do PP: cando voten as emendas saberemos se o Casco Histórico é unha prioridade para o PP ou se simplemente venderon fume electoralista en maio”.

O BNG pide 250 000 euros para empezar a rehabilitación das casas da Xunta no Casco Histórico

“A pelota está no tellado do PP: cando voten as emendas saberemos se o Casco Histórico é unha prioridade para o PP ou se simplemente venderon fume electoralista en maio”.

Betanzos, 1 de decembro de 2011. O BNG presentou esta mañá as súas emendas aos orzamentos da Xunta para Betanzos. O portavoz municipal dos nacionalistas, Henrique del Río, apuntou que as emendas responden á “mala noticia” de que a Xunta do PP destinou tan só 3000 euros á rehabilitación do Casco Histórico e nada para o centro de día ou o proxecto para paliar as enchentes do Mandeo na Ribeira.

Neste sentido, Del Río deu conta da emenda de 300 000 euros para o proxecto da Ribeira. Del Río lembrou que en maio, na campaña das eleccións municipais, o PP cifrara o proxecto en 3 millóns de euros pero que logo, en outubro, o goberno galego non prevé gastar “un só céntimo” no proxecto. “En maio o PP xa sabía que investimentos podería facer a Xunta” indicou o voceiro nacionalista, que cuestionou que “en apenas cinco meses o PP pasou de tres millóns a cero euros para a Ribeira”.

O BNG propón tamén adicar 250 000 euros a impulsar o marisqueo na ría de Betanzos. Del Río recordou que o BNG xa pedira 500 000 euros no Congreso para que o goberno central asumira a rexeneración da ría e que “PSOE e PP non apoiaron a proposta”. O voceiro nacionalista definiu ambas emendas como “un todo” que pretende “facer da ría unha fonte de oportunidades, riqueza e emprego para Betanzos e a comarca”.

Finalmente, o BNG solicita outros 250 000 euros para comezar a rehabilitación dos inmobles que a Xunta comprou no Casco Histórico a comezos de ano. “Son cantidades asumíbeis, lonxe dos grandes titulares que o PP deu na campaña das municipais” indicou Del Río.

“A pelota está no tellado do PP: cando voten as emendas saberemos se o Casco Histórico é unha prioridade para o PP ou se simplemente venderon fume electoralista en maio”, concluíu Henrique del Río.

O BNG pide 250 000 euros para empezar a rehabilitación das casas da Xunta no Casco Histórico