O BNG emendará os orzamentos da Xunta por esquecer Betanzos

Presentación do proxecto para o Casco Histórico do BNG
Presentación do programa para o Casco Histórico

O PP utilizou a Xunta na campaña das municipais para facer a súa propaganda electoral. Adquiriron unhas casas que agora non teñen ningunha intención de rehabilitar. Para disimular esta cuestión o PP levou ao Pleno facer un plan integral do Casco, tentando transmitir a impresión de que fan algo por unha zona histórica que tiveron esquecida cando gobernaron Betanzos.

O BNG emendará os orzamentos da Xunta por esquecer Betanzos

O PP utilizou a Xunta na campaña das municipais para facer a súa propaganda electoral. Adquiriron unhas casas que agora non teñen ningunha intención de rehabilitar. Para disimular esta cuestión o PP levou ao Pleno facer un plan integral do Casco, tentando transmitir a impresión de que fan algo por unha zona histórica que tiveron esquecida cando gobernaron Betanzos.

Betanzos, 9 de novembro de 2011. No novo número do xornal 'Betanzos e a súa comarca' que está a chegar a todas as casas, o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, escribe sobre as contas da Xunta para 2012. Polo seu interese reproducímolo a seguir de xeito íntegro.

O BNG emendará os orzamentos da Xunta por esquecer Betanzos

Veñen de coñecerse as cifras de inversión que o goberno galego, en mans do PP, dedica a Betanzos. Ademais do colexio, que chega varios anos tarde, destaca unha partida de algo máis de 3000 euros para o Casco Histórico. Desde o BNG criticamos esta partida por raquítica e claramente insuficiente. Dubidamos de que a cantidade chegue sequera para apuntalar as casas, como ven de anunciar o goberno de Feijóo.
Cando andaba en campaña para ser presidente, Feijóo anunciara que a rehabilitación do Casco Histórico de Betanzos sería unha das súas prioridades. Cando andaba en campaña buscando a reelección, María Faraldo vendeu un investimento multimillonario para recuperar a zona histórica.

O PP utilizou a Xunta na campaña das municipais para facer a súa propaganda electoral. Adquiriron unhas casas que agora non teñen ningunha intención de rehabilitar. Para disimular esta cuestión o PP levou ao Pleno facer un plan integral do Casco, tentando transmitir a impresión de que fan algo por unha zona histórica que tiveron esquecida cando gobernaron Betanzos.

Nas contas da Xunta para 2012 non aparece ningunha partida para a Ribeira. Demóstrase así que aquel proxecto multimillonario que remataría coas enchentes do Mandeo, vendido “a bombo e platillo” polo PP antes das eleccións, tan só era fume electoralista dado que non hai un céntimo para el.

Certo é que a situación actual non se debe só aos últimos catro anos- que tamén- senón que é o resultado do abandono de todos os gobernos anteriores. Non é como para que o alcalde pouco menos que lle dea as grazas á Xunta por apuntalar as casas que mercou para rehabilitar.

Ademais, Betanzos tamén se verá afectado polo recorte de 16 millóns na sanidade pública ou 12 no ensino público que as contas do goberno Feijóo evidencian. Desde o BNG presentaremos emendas para reclamar á Xunta a atención aos problemas de Betanzos e para corrixir o gasto do goberno galego cara ao investimento social.

O BNG emendará os orzamentos da Xunta por esquecer Betanzos