Alegrámonos de que o goberno local finalmente fixese públicas as enquisas sobre o plan de aparcamento case dous anos despois de realizalas

“Estes resultados reflicten dúas cousas a falta de credibilidade nos procesos de participación que por en marcha o goberno, por iso temos só 55 persoas que fixeron a enquisa nun concello de máis de 13 mil habitantes. Por outra banda de forma case xeneralizada un rexeitamento ao Plan de aparcamento e mobilidade proposto polo goberno local e unha petición de avanzar na peonalización como mellor alternativa para o Casco”

Alegrámonos de que o goberno local finalmente fixese públicas as enquisas sobre o plan de aparcamento case dous anos despois de realizalas

Betanzos, 12 de febreiro de 2109. O BNG alegrouse de que o goberno local finalmente fixese públicas as enquisas sobre o plan de aparcamento do goberno local case dous anos despois de que se realizaran. “Levamos xa case dous anos solicitando ao goberno que faga públicos os resultados destas enquisas, porque a participación veciñal non ten sentido se non imos facer nada cos resultados que nos ofrecen, ou se mesmo os ocultamos cando non din o que queremos oir”, explicou o portavoz nacionalista, Henrique del Río.

Segundo o grupo nacionalista, “estes resultados reflicten dúas cousas a falta de credibilidade nos procesos de participación que por en marcha o goberno, por iso temos só 55 persoas que fixeron a enquisa nun concello de máis de 13 mil habitantes; uns resultados moi pobres. Por outra banda de forma case xeneralizada un rexeitamento ao Plan de aparcamento e mobilidade proposto polo goberno local e unha petición de avanzar na peonalización como mellor alternativa para o Casco, como levamos décadas defendendo e poñendo en funcionamento alí onde gobernamos”.

“O goberno ocultou durante anos estes resultados porque din todo o contrario do que querían. Non é estraño que a veciñanza non participe se cando a opinión vai en contra do que queren escoitar gardan os datos durante 2 anos nun caixón como se non existisen”, criticou o portavoz nacionalista.

Aposta por un sistema de rotación gratuíto na zona nova

“As enquisas tamén apostan maioritariamente por un sistema de rotación dos vehículos gratuíto como ven apostando o BNG desde que conseguimos a supresión do sistema de pago ORA. Mais o goberno local parece que está esperando a oportunidade para volver a instauralo, xa que non avanzou absolutamente nada en deseñar un sistema alternativo como o que o BNG ten instaurado en Carballo, por exemplo”, engadiu del Río.

A única alegación a presentada polo BNG

O BNG puxo en valor que a única alegación presentada á proposta do goberno local é a rexistrada polo grupo nacionalista. “Somos os únicos que presentamos alegacións á proposta do goberno local e os únicos que temos unha proposta concreta sobre mobilidade no Casco Histórico e comprometémonos a partir de maio a levala a cabo coa colaboración e participación de toda a veciñanza. O goberno local leva dúas lexislaturas prometendo este plan de mobilidade sen dar ningún paso nin tomar decisión ningunha mentres o aparcamento e a mobilidade en Betanzos é unha especie de “sálvese quen poida”, sen normas claras xa que o regulamento en vigor non se cumpre pero tampouco se derroga nin teñen proposta ningunha en positivo”, concluíu Del Río. 

Alegrámonos de que o goberno local finalmente fixese públicas as enquisas sobre o plan de aparcamento case dous anos despois de realizalas