O BNG traslada de novo ao Pleno municipal o problema de verquidos á Ría desde a depuradora municipal
“Presentamos unha moción para pedir ao goberno local que poña fin aos problemas de vertidos directos aos ríos Mendo e Mandeo, así como á ría de Betanzos”
Desde o BNG lembraron que levan anos pedindo nas súas emendas aos orzamentos da Xunta e do Estado partidas para rematar o saneamento na Ría de Betanzos e para unha rexeneración ecolóxica da mesma