Urximos "pasar á acción" o goberno para conservar a Fábrica da Luz

Vista da Fábrica da Luz desde a Ponte Nova
Vista da Fábrica da Luz desde a Ponte Nova

“Defendemos crear na fábrica un complexo para goce da veciñanza: locais para asociacións, dependencias para actividade cultural, espazo de convivio”

“Cremos humildemente que se este tema está enriba da mesa en parte é grazas as nosas iniciativas, alégranos ter forzado esta negativa a demoler a Fábrica da Luz e desde logo ofrecémoslle ao goberno local todo o noso apoio para recuperar o inmobl. Pero o tempo corre en contra, non se pode agardar máis”

Urximos "pasar á acción" o goberno para conservar a Fábrica da Luz

“Defendemos crear na fábrica un complexo para goce da veciñanza: locais para asociacións, dependencias para actividade cultural, espazo de convivio”

“Cremos humildemente que se este tema está enriba da mesa en parte é grazas as nosas iniciativas, alégranos ter forzado esta negativa a demoler a Fábrica da Luz e desde logo ofrecémoslle ao goberno local todo o noso apoio para recuperar o inmobl. Pero o tempo corre en contra, non se pode agardar máis”

Betanzos, 23 de outubro de 2017. O BNG demandou ao goberno local que poña de inmediato en marcha as medidas que sexan precisas para garantir o derrubo da Fábrica da Luz da Ponte Nova. Tras denegar o goberno local licenza de demolición, as nacionalistas entenden que”agora é evidente que o interese de Gas Natural Fenosa é tirar co edificio e ter un solar listo para construír”.

Por este motivo, desde o BNG urxen ao executivo local a “pasar á acción, porque dentro de nada non vai facer falta derrubala, vai caer soíña en canto entre ben o inverno”. Para o voceiro nacionalista, Henrique del Río, “é o momento de que o goberno local actúe, que inicie os procedementos sancionatorios pertinentes para garantir que este elemento catalogado non desaparece coa escusa do inverno”.

“A situación en que o goberno local mantén o noso patrimonio non e aceptábel”, explica Del Río. “O patrimonio é o feito diferencial de Betanzos, non se entende que non se actuase antes para protexer un edificio emblemático coma este, e chegados a este punto, como cidade non nos podemos permitir unha vacilación ao respecto”, engade. “Non iniciar agora os procedementos para obrigar á eléctrica a conservar o edificio pode significar perdelo para sempre” advirte.

Desde o BNG lembran que veñen presentando propostas de todo tipo ao Pleno para tratar de preservar esta fábrica modernista atribuída a González Villar. “Defendemos crear na fábrica un complexo para goce da veciñanza: locais para asociacións, dependencias para actividade cultural, espazo de convivio” recorda Del Río, que sinala que a súa formación mesmo propuxo expropiar o inmoble para esta fin pública ante o risco de perder para sempre o patrimonio que contén.

“Cremos humildemente que se este tema está enriba da mesa en parte é grazas as nosas iniciativas, alégranos ter forzado esta negativa a demoler a Fábrica da Luz e desde logo ofrecémoslle ao goberno local todo o noso apoio para recuperar o inmoble”, explica Del Río. “Pero o tempo corre en contra, non se pode agardar máis”, conclúe.