Suxerimos refacer a ordenanza fiscal das terrazas para a dinamización do Casco Histórico

O voceiro do BNG, Henrique del Río, nun recanto do Casco Histórico
O voceiro do BNG, Henrique del Río, nun recanto do Casco Histórico

As nacionalistas propoñen equiparar os descontos en todas as ordenanzas sobre servizos culturais, educativos ou deportivos. Subir IPC ás empresas de telefonía, electricidade ou caixeiros financiaría estes descontos.

Suxerimos refacer a ordenanza fiscal das terrazas para a dinamización do Casco Histórico

As nacionalistas propoñen equiparar os descontos en todas as ordenanzas sobre servizos culturais, educativos ou deportivos. Subir IPC ás empresas de telefonía, electricidade ou caixeiros financiaría estes descontos.

Betanzos, 23 de novembro de 2016. O BNG propuxo esta mañá modificar a ordenanza fiscal das terrazas para bonificar os negocios de hostalaría no Casco Histórico cun 30% de desconto. Ademais, as nacionalsitas propoñen reformular os grupos de rúas desta norma, de maneira que queden só dous grupos, a zona do Campo, onde o Concello organiza todos os meses eventos dos que se benefician as terrazas, e o resto da cidade. “Con esta medida favoreceríase a actividade hostaleira na zona monumental, de maneira que se combate o abandono: a cantos máis negocios, menos focos de exclusión social”, explica Henrique del Río, voceiro do BNG.

Do mesmo xeito, o BNG propuxo subir o IPC ás taxas que gravan a actividade de eléctricas, telefónicas e similares e os caixeiros automáticos dos bancos por usar fachadas, rúas ou espazo aéreo municipal para os seus negocios. “É xusto que pague máis quen máis ten, e con este ingreso adicional pódense financiar outros descontos”, explica o edil.

De feito, as nacionalistas suxiren tamén equiparar en todas as ordenanzas relativas a actividades culturais, deportivas ou educativas os descontos por ser persoa en desemprego, mocidade con carné xove ou estudante ou vítimas de violencia machista. “Non é lóxico que nunhas estudar supoña un desconto e noutras non”, explican.

Finalmente, dado que se deu por extinguida a concesión da ORA, o BNG propón derrogar a ordenanza fiscal que establece o cobro da zona azul, para dar paso a un sistema gratuíto de rotación do estacionamento. “Entendemos que é unha medida que favorece ao comercio, pois para competir coas grandes superficies comerciais, que dan aparcamento gratis, o centro comercial aberto de Betanzos precisa tamén estacionamento sen custe”, conclúe.

Suxerimos refacer a ordenanza fiscal das terrazas para a dinamización do Casco Histórico