AS NACIONALISTAS DEFENDEN REABRIR RADIO BETANZOS COMO UNHA EMISORA COMUNITARIA.

Solicitamos que se reabra a emisora municipal

Henrique del Río nun pleno
Henrique del Río nun pleno

“Temos unha emisora pechada que, desde que vostede é alcaldesa, xa nin os plenos retransmite”, sinalou Henrique del Río á rexedora.

Solicitamos que se reabra a emisora municipal

“Temos unha emisora pechada que, desde que vostede é alcaldesa, xa nin os plenos retransmite”, sinalou Henrique del Río á rexedora.

As nacionalistas defenden reabrir Radio Betanzos como unha emisora comunitaria.

Betanzos, 9 de decembro de 2019. O BNG demandou no pleno que o goberno local cumpla cos numerosos acordos plenarios que, mesmo co voto do PSOE, aprobaron a reapertura da emisora municipal. “Temos unha emisora pechada que, desde que vostede é alcaldesa, xa nin os plenos retransmite”, sinalou Henrique del Río á rexedora.

“Supostamente era algo de tecnoloxía obsoleta o que o impedía hai un ano, que ían amañar, como sempre, 'en breves semanas', e isto foi hai un ano xa", ironizou Del Río no Pleno recordando as últimas explicacións do goberno local sobre a falta de funcionamento de Radio Betanzos. O voceiro do BNG recorda que "Miño e Bergondo, sen ir máis lonxe, emiten en directo vía internet os seus Plenos, é só colocar unha cámara na Sala Capitular porque os traballadores da radio municipal xa asisten aos Plenos", explica suliñando que isto non supón pagar máis salarios ou afrontar máis gastos.

As nacionalistas demandan que se garanta a independencia da emisora municipal e da web e redes sociais do Concello. "Pagámolos todas as veciñas, para que se nos informe veridicamente do que hai no Concello" explica o edil do BNG. "Unha cousa é informar e outra facer propaganda, unha cousa é difundir a programación oficial do Concello e outra moi distinta que estes medios que todas pagamos se usen para que o goberno local faga propaganda política ou mesmo ataque a outros grupos por disentir das súas propostas ou proxectos", puntualiza.

"Emitir os plenos e reabrir a radio é unha cuestión de vontade política, de transparencia, no século de internet non hai máis impedimento para facelo que a decisión política do PSOE de deixar de facelo, desde que cambiamos de alcalde, para tratar de controlar absolutamente o que sae da Sala Capitular", abundan desde o BNG. "Dicir que se fan públicos porque se colgan aos dez días na web municipal, cando os asuntos xa están resesos e perderon actualidade, é rirse da xente", conclúe Del Río.

O BNG defende reabrir Radio Betanzos como unha emisora comunitaria

 


As nacionalistas defenden reabrir Radio Betanzos como unha emisora comunitaria. “Un consello participativo con colectivos e entidades, e con representación da Corporación, que vele polo pluralismo e a imparcialidade da emisora e a poña ao servizo da veciñanza”, detalla Del Río.

Destino do persoal da emisora

 

O BNG preguntou, ademais, polo persoal adscrito á emisora. Segundo a RPT, hai un director da emisora e un técnico de son no cadro de persoal do Concello. Por este motivo, as nacionalistas demandaron a María Barral que aclare “que ten pensado facer co persoal laboral adscrito á emisora en caso de non reabrila” e que informe sobre as tarefas que está desempeñando actualmente este persoal público, dado que a emisora non emite.

Solicitamos que se reabra a emisora municipal