“HAI ANOS QUE LEVAMOS RECLAMANDO A RETIRADA DE TODOS ESTES RESTOS, PORQUE O PORTO ESTÁ NUN ESTADO LAMENTÁBEL”

Solicitamos que o goberno local retire os restos de barcos e lixo de todo tipo do porto

Restos de lixo e embarcacións no porto
Restos de lixo e embarcacións no porto
O BNG ten demandado nos últimos anos ao executivo local que se dirixira á Demarcación de Costas, Augas de Galiza e os restantes organismos competentes para acometer os distintos traballos de reparación e mantemento que os peiraos que rodean a cidade precisan, mellorando a seguridade tanto para peóns como para usuarios de embarcacións
Solicitamos que o goberno local retire os restos de barcos e lixo de todo tipo do porto

O BNG ten demandado nos últimos anos ao executivo local que se dirixira á Demarcación de Costas, Augas de Galiza e os restantes organismos competentes para acometer os distintos traballos de reparación e mantemento que os peiraos que rodean a cidade precisan, mellorando a seguridade tanto para peóns como para usuarios de embarcacións

“Hai anos que levamos reclamando a retirada de todos estes restos, porque o porto está nun estado lamentábel”

Betanzos, 7 de outubro de 2019. O BNG demandou no Pleno que o goberno local retire os restos abandonados de embarcacións, madeiras, entullo e lixo de todo tipo da zona portuaria. “Hai anos que levamos reclamando a retirada de todos estes restos, porque o porto está nun estado lamentábel” explica o voceiro do BNG, Henrique del Río.

“A falta de limpeza da zona, ademais dun problema estético evidente, contribúe a outro tipo de problemas de salubridade”, abunda o edil nacionalista. “De feito, poden ser un perigo para as persoas que a diario van polo porto, a pasear ou practicar deporte, e nomeadamente para as crianzas que pasean por el”, relata o portavoz do BNG.

“O Concello ten un convenio con Portos para xestionar o recinto portuario, así que lle pedimos que garanta a limpeza do recinto para facelo máis seguro”, explica. “E se non son competentes, en lugar de buscar excusas que se dirixan a quen faga falta para retirar as embarcacións abandonadas, tanto no porto como no cauce da ría” engade Del Río.

Mellora dos peiraos

O BNG ten demandado nos últimos anos ao executivo local que se dirixira á Demarcación de Costas, Augas de Galiza e os restantes organismos competentes para acometer os distintos traballos de reparación e mantemento que os peiraos que rodean a cidade precisan, mellorando a seguridade tanto para peóns como para usuarios de embarcacións.

“Hai que instalar máis escadas nos peiraos, máis norais e argollas de amarre, de maneira que os cabos non deterioren os muretes e non invadan as zonas de paseo”, relata. “Non se trata dun gran investimento, é cuestión de vontade política” explica.

Ademais, o BNG solicitou a reposición do colector de aceites usados que estaba ubicado no porto. Segundo explicaron as nacionalistas, o colector era un servizo importante para os propietarios das embarcacións amarradas tanto no propio porto como nos peiraos dos ríos.