“NÓS TEMOS CLARO QUE O PRIORITARIO TEN QUE SER A CALIDADE DO SERVIZO QUE SE PRESTA, O BENESTAR DAS PERSOAS QUE O UTILIZAN E A CALIDADE DO TRABALLO PARA AS TRABALLADORAS POR RIBA DE CALQUERA OUTRA CONSIDERACIÓN”

Solicitamos apoio aos demais grupos da oposición para convocar un pleno extraordinario e rescindir o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

Comparecencia coas traballadoras do SAF
Comparecencia coas traballadoras do SAF

"A rescisión do contrato impediría que esta empresa poida volver presentarse e levar un contrato, se non se fai nada impide que volva facerse co servizo e manteña esta situación”

“Nós temos claro que o prioritario ten que ser a calidade do servizo que se presta, o benestar das persoas que o utilizan e a calidade do traballo para as traballadoras por riba de calquera outra consideración”

Solicitamos apoio aos demais grupos da oposición para convocar un pleno extraordinario e rescindir o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

"A rescisión do contrato impediría que esta empresa poida volver presentarse e levar un contrato, se non se fai nada impide que volva facerse co servizo e manteña esta situación”

“Nós temos claro que o prioritario ten que ser a calidade do servizo que se presta, o benestar das persoas que o utilizan e a calidade do traballo para as traballadoras por riba de calquera outra consideración”

Betanzos, 27 de marzo de 2019. O BNG pediu o apoio dos demais grupos da oposición para forzar a convocatoria dun Pleno Extraordinario sobre a situación do servizo de axuda no fogar. “Pedimos ás demais forzas da oposición apoio para convocar un pleno extraordinario para rescindir o contrato do servizo de axuda no fogar. A rescisión do contrato impediría que esta empresa poida volver presentarse e levar un contrato, se non se fai nada impide que volva facerse co servizo e manteña esta situación”, explicou o portavoz nacionalista, Henrique del Río.

“Sabemos que hai un escrito de familiares das usuarias do servizo pedindo esta convocatoria plenaria e que onte estiveron presentes no pleno, por iso pensamos que é fundamental darlles voz”, engadiu Del Río. “Nós temos claro que o prioritario ten que ser a calidade do servizo que se presta, o benestar das persoas que o utilizan e a calidade do traballo para as traballadoras por riba de calquera outra consideración”.

“Levamos desde finais de 2017 denunciándoo e o goberno local tivo tempo máis que de sobra para tomar decisións, pero a alcaldesa non quixo tomalas, preferiu esperar a que expirase o contrato, sen máis, como evidencian todos os pasos que foron dando e todos os que evitaron dar”, engadiu o portavoz nacionalista.

As nacionalistas pedirán polo tanto por escrito aos grupos da oposición un acordo que permita a convocatoria deste Pleno extraordinario, que dea a opción de intervir a usuarios e familiares e ás propias traballadoras para avanzar na resolución desta situación, moi grave polo tipo de servizo de que se trata.