@s nen@s con necesidades educativas especiais non terán garantido o acceso na escola infantil

@s nen@s con necesidades educativas especiais non terán garantido o acceso na escola infantil

O goberno de Ramón García quería subir 50 euros a asistencia a clase na escola infantil municipal

O regulamento do PSOE só permite un máximo de 4 alumn@s con necesidades educativas especiais, e para iso en función do tipo de necesidade. Este regulamento reproduce o modelo lingüístico do PP e expulsa o galego das aulas da escola infantil municipal.

Betanzos, 26 de novembro de 2014. O BNG denunciou que o goberno local exclúe a docencia en galego na escola infantil municipal. O regulamento aprobado onte por PSOE e PP establece que a lingua na que se conducirá o ensino nas escolas de San Francisco será a “lingua materna predominante” na aula. “Este regulamento prevé que o ensino producirase na lingua maioritaria, o español, sen garantir que se coñeza a outra lingua oficial en Galiza, o que de feito é excluír o galego desta etapa educativa”, denunciou.

O regulamento do PSOE só permite un máximo de 4 alumn@s con necesidades educativas especiais, e para iso en función do tipo de necesidade

“E como van consultar ás familias cal é a lingua que utilizan?”, preguntou. “Porque iso, en esencia, é facer o mesmo que a enquisa que fixo o PP desde a Xunta en todos os colexios do país e que logo a Xustiza declarou ilegal”, engadiu. “Enquisa que criticou o PSOE”, apuntou.

“Non hai ningunha lei que ampare esta regulación”, advertiu o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río. “O Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galiza en 2004 establece que en municipios como o noso, con presenza moi maioritaria do español, cando menos 1/3 do ensino na etapa de 0 a 3 anos ten que ser en galego”, indicou Del Río. “Mesmo di que esta porcentaxe pode irse incrementando co tempo”, abundou, “e sen embargo, o PSOE, que votou a favor do Plan de Normalización, en Betanzos exclúe o galego da escola infantil municipal”.

“Con isto o goberno local do PSOE está calcando o modelo lingüístico do PP e non podemos apoialo”, explicou. “Esta política educativa é a que fixo que o galego perdese o 20% dos seus falantes en Betanzos nos últimos 10 anos, como denunciou o Instituto Galego de Estatística”, lamentou Del Río. “Despois de moitos xogos florais o Día das Letras Galegas ou de notas contra a Xunta cando recorta a subvención ao servizo de normalización lingüística, onde o Concello ten competencia o PSOE decide excluír o galego do ensino”, concluíu.

Non se garante a escolarización de todos os nenos e nenas con necesidades educativas especiais

Os nacionalistas cuestionaron, ademais, que o PSOE só admita un alumno con necesidades educativas especiais por aula na escola infantil municipal, que ten catro unidades. “O problema é que facer se hai máis e o PSOE non o prevé porque di que nunca se deu o caso”, cuestionou o edil nacionalista. “Ademais supeditan a admisión do alumnado con necesidades educativas especiais á existencia de condicións de infraestrutura idónea e persoal axeitado”, indicou. “Ten a escola infantil municipal o persoal formado axeitadamente? Non é o mesmo atender un déficit de atención que un alumno con síndrome de Down”, explicou.

Este regulamento reproduce o modelo lingüístico do PP e expulsa o galego das aulas da escola infantil municipal

“As necesidades educativas especiais exixen maior atención, o que só se logra con máis persoal, o que é un gasto maior en educación” indicou o edil do BNG. “Como isto implica destinar máis cartos para a formación do persoal, é obvio que o PSOE opta polas receitas do PP e non inviste na formación do persoal para atender o alumnado con necesidades educativas especiais”, denunciou. “Co regulamento do PSOE non hai sitio no ensino público para todo o alumnado con necesidades educativas especiais, se poden terán que pagarse o ensino na privada”, critican desde o BNG.

@s nen@s con necesidades educativas especiais non terán garantido o acceso na escola infantil