"A RESCISIÓN DO CONTRATO IMPEDIRÍA QUE ESTA EMPRESA POIDA VOLVER PRESENTARSE E LEVAR UN CONTRATO, SE NON SE FAI NADA IMPIDE QUE VOLVA FACERSE CO SERVIZO E MANTEÑA ESTA SITUACIÓN"

Del Río: "O prioritario do SAF ten que ser a calidade do servizo por riba de calquera outra consideración"

"A rescisión do contrato impediría que esta empresa poida volver presentarse e levar un contrato, se non se fai nada impide que volva facerse co servizo e manteña esta situación"

Del Río: "O prioritario do SAF ten que ser a calidade do servizo por riba de calquera outra consideración"

"A rescisión do contrato impediría que esta empresa poida volver presentarse e levar un contrato, se non se fai nada impide que volva facerse co servizo e manteña esta situación"

Betanzos, 22 de marzo de 2019. O BNG cuestionou que o goberno local pretenda manter a situación do servizo de axuda no fogar. "É bastante máis arriscado para a veciñanza manter o servizo tal e como está, con todas as irregularidades que ten e das que o goberno local era plenamente coñecedor desde hai anos", cuestiona o voceiro do BNG, Henrique del Río.

As nacionalistas recordan que trasladaron as irregularidades do SAF por vez primeira ao pleno a finais de 2017, pero que daquela a hoxe alcaldesa- concelleira de servizos sociais entón- xa coñecía as irregularidades rexistradas no servizo incluso antes e da propia man das traballadoras. "Coñecían canto había mais negaron problemas porque ninguén as denunciara por escrito", engade.

"O goberno do PSOE evitou adoptar medidas para rescindir o contrato desde aquela altura, sabendo xa, por exemplo, que incumprían coas condicións laborais" abunda Del Río. "Semella que estaban decididos a manter o contrato até o final e por iso non tomou medidas en todo este tempo, até chegar á situación actual", engade.

"Nós temos claro que o prioritario ten que ser a calidade do servizo que se presta e o benestar das persoas que o utilizan, por riba de calquera outra consideración", abunda o portavoz do BNG. "Desde finais de 2017 houbo tempo máis que de sobra para tomar decisións, pero a alcaldesa non quixo tomalas, preferiu esperar a que expirase o contrato, sen máis, como evidencian todos os pasos que foron dando e todos os que evitaron dar", explica.

Recordan, ademais, que o mes pasado presentaron unha iniciativa pedindo que se paralizase a nova licitación do servizo, iniciada cunha resolución da alcaldesa por uns importes moi semellantes aos da anterior contratación. "Temémonos que se repita todo o que aconteceu, contratndo cuns prezos moi semellantes", explicaban na altura. "A rescisión do contrato impediría que esta empresa poida volver presentarse e levar un contrato, se non se fai nada impide que volva facerse co servizo e manteña esta situación", conclúe. "Tanto custará recoñecer os erros e aprender deles", ironiza Del Río.