Del Río: “María Faraldo debe dimitir de xeito inmediato”

Del Río: “María Faraldo debe dimitir de xeito inmediato”

Henrique del Río é o portavoz municipal do BNG

“Feijóo está incumplindo a súa promesa de non ter persoas imputadas ocupando escanos no Parlamento de Galiza”.

Betanzos, 14 de xaneiro de 2014. O BNG reclamou a dimisión “inmediata” de María Dolores Faraldo Botana, deputada, exalcaldesa e concelleira do PP, logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acordase procesala por prevaricación e falsedade documental.

“Respectamos a presunción de inocencia pero na representación política hai que ser exemplar, cousa que ademais Feijóo defendía hai un ano”, indicou o portavoz nacionalista, Henrique del Río. “Mantendo a Faraldo no Parlamento, Feijóo está incumplindo a súa promesa de non ter persoas imputadas ocupando escanos”, insistiu o voceiro do BNG.

“O PP contribúe ao descrédito da política con estas actitudes”, advertiu Del Río. “Cando se trata de cartos e empregos públicos hai que ser sempre rigorosísimos, sobre todo coa que está caendo”, engadiu. “Non é de recibo que mentres a xente está pasándoo mal o PP se dedicase a facer clientelismo en Betanzos con cartos de todas e todos”, censurou.

Por este motivo, desde o BNG reclaman que María Faraldo dimita “inmediatamente” como concelleira en Betanzos e deputada no Parlamento de Galiza. “O PP dá leccións de ética a todo o mundo e á hora de pasar das palabras aos feitos nunca se aplica os seus discursos”, concluíu.

Del Río: “María Faraldo debe dimitir de xeito inmediato”