O BNG LEMBRA QUE O BIC PROVISIONAL DEIXABA FÓRA ELEMENTOS ORIXINAIS DO PARQUE E QUE O GOBERNO LOCAL DO PSOE ALEGOUE “INEXPLICABLEMENTE PARA REDUCIR O ÁMBITO DE PROTECCIÓN DUN BEN ÚNICO COMO O PASATEMPO”.

Del Río: “Hai que ver inclúe a Xunta no ámbito de protección, pero o BIC do Pasatempo é unha boa nova”

Concentración diante do Pasatempo
Concentración diante do Pasatempo

“Non teriamos chegado ao día de hoxe sen o empuxe de moitas persoas que sumaron o seu esforzo en presionar e concienciar a veciñanza, Xunta e goberno local e singularmente, non se tería chegado a este día sen a determinación da Asociación de Amigos do Pasatempo, que rexistrou a solicitude de BIC”

Del Río: “Hai que ver inclúe a Xunta no ámbito de protección, pero o BIC do Pasatempo é unha boa nova”

O BNG lembra que o BIC provisional deixaba fóra elementos orixinais do parque e que o goberno local do PSOE alegoue “inexplicablemente para reducir o ámbito de protección dun ben único como o Pasatempo”.

“Non teriamos chegado ao día de hoxe sen o empuxe de moitas persoas que sumaron o seu esforzo en presionar e concienciar a veciñanza, Xunta e goberno local e singularmente, non se tería chegado a este día sen a determinación da Asociación de Amigos do Pasatempo, que rexistrou a solicitude de BIC”

Betanzos, 6 de febreiro de 2020. O BNG celebrou a declaración do Pasatempo como Ben de Interese Cultural (BIC). “Hai que ver o contido concreto da resolución da Xunta, mais obviamente é unha boa noticia para o Pasatempo e para Betanzos”, destacou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Desde o BNG recordan que a resolución de inicio da tramitación do BIC deixaba fóra do ámbito do propio Ben de Interese Cultural o muro orixinal da parte que se conserva do Pasatempo “deixando fóra de protección unha capela cos mosaicos da pedra de abalar de Tandil, a torre de Pisa ou a primeira locomotora”. “Haberá que ver que ámbito de protección delimita esta declaración para ver se garante a protección de todos os elementos orixinais que nos chegaron a hoxe”, explicou Del Río. As nacionalistas cuestionan que, no seu momento, o goberno local do PSOE alegase “inexplicablemente para reducir o ámbito de protección dun ben único como o Pasatempo”.

“Hoxe acádase un fin de etapa importante para o Pasatempo, porque se lle acaban as escusas á Xunta para non investir na recuperación do parque enciclopédico”, resaltan as nacionalistas. “Mais non teriamos chegado ao día de hoxe sen o empuxe de moitas persoas que sumaron o seu esforzo en presionar e concienciar a veciñanza, Xunta e goberno local na necesidade de dar a maior protección posible ao Pasatempo”, engadiu o voceiro do BNG. “E singularmente, non se tería chegado a este día sen a determinación da Asociación de Amigos do Pasatempo, que foron quen rexistraron a solicitude para declarar BIC o parque, para vergoña dun goberno local que levaba anos poñendo escusas para non solicitala”, remarca Del Río, que esta tarde participou na concentración convocada pola entidade para celebrar a declaración.

Demandan o mesmo investimento que dispuxo a Deputación desde as áreas do BNG

 

“Dixémolo todo este tempo e mantémolo, é importante ter a declaración coma BIC para o Pasatempo, pero iso só non garante a súa conservación”, advertiu. Neste sentido, o edil do BNG reiterou a demanda á Xunta para que asuma a súa responsabilidade na rehabilitación do Pasatempo. “O presidente da Xunta prometeu este ano que achegaría cartos para rehabilitación do Parque mais no orzamento para 2020 non reserva crédito para a posta en valor deste ben patrimonial. No BNG pedímoslle que cumpra a súa palabra cos veciños e veciñas de Betanzos”, engade.

“En marzo de 2018 a Deputación, por medio da área de patrimonio que dirixe o noso compañeiro Xosé Regueira, destinou case 600 000 euros para rehabilitar o Pasatempo, que son os que financiarán a recuperación do Estanque do Retiro”, recorda Del Río. “Pedímoslle á Xunta que estea á altura das súas responsabilidades e aporte cando menos outro tanto para garantir a conservación deste recinto único en Galiza, tal e como asumiu o PP no acordo ao que chegamos no Parlamento de Galiza”, concluíu.