Del Río: “o goberno local ten que tomar decisións xa sobre Complejo San Roque”

Del Río: “o goberno local ten que tomar decisións xa sobre Complejo San Roque”

postal hotel“O concello non sabe nada da reapertura dun edificio e concesión municipal e ninguén se fai responsábel”

“O primeiro de todo é darlle unha solución a esta situación, mais isto non pode facer obviar que dos debes de goberno e Administración locais hai responsábeis”

Betanzos, 17 de xullo de 2015. O BNG-Asembleas Abertas insistiu esta mañá na comisión de investigación sobre o Complexo San Roque en que o goberno local “ten que tomar decisións xa” sobre a situación que atravesa esta concesión municipal. “O concello non sabe nada da reapertura dun edificio e concesión municipal e ninguén se fai responsábel”, resumiu o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

“Se os responsábeis municipais fixesen o seu traballo isto non acontecería e non estariamos con comisións investigadoras nin co asunto no xulgado” recordou o edil nacionalista. “É vergonzoso que se chegue a esta situación, pero peor aínda é que a actitude do goberno local do PSOE sexa encerellar con máis informes en lugar de tomar decisións”, engade.

O primeiro de todo é darlle unha solución a esta situación, mais isto non pode facer obviar que dos debes de goberno e Administración locais hai responsábeis

“Semella que non se dan conta de que hai xente traballando alí, a ver se esta nova empresa non marchan sen pagar todo o mundo como aconteceu hai dous anos”, recorda del Río. “Por non tomar decisións, o goberno local está xogando co traballo da xente e semella que non son conscientes do que teñen entre mans”, engadiu.

Desde o BNG-Asembleas Abertas insisten en que “despois dun ano aínda non sabemos por que non nos informaron de se van rescindir a concesión ou non, de canto custaría recuperar este edificio para dar un servizo público como o xeriátrico público que propoñemos ou se pretenden entregarllo a outra empresa hoteleira”. “Xa vai sendo moita hora de calculalo e de poñer as alternativas enriba da mesa, o resto é permitir que siga a correr o tempo”, asegura o edil nacionalista.

“En todo caso, segue sendo discriminatorio que se manteña esta situación porque podería haber máis empresas de Betanzos interesadas en xestionar unha concesión coma esta, pero non se deu opción”, advirte.

As persoas responsábeis teñen que asumir a súa responsabilidade

“Desde logo o primeiro de todo é darlle unha solución a esta situación, enquistada desde hai dúas lexislaturas” explica Del Río. “Mais isto non pode facer obviar que dos debes de goberno e Administración locais hai responsábeis, e que se non queremos que a veciñanza asuma no seu peto as consecuencias deste negocio ruinoso, os responsábeis terán que asumir as consecuencias do que fixeron ou deixaron de facer”, insisten desde o BNG-Asembleas Abertas.

O concello non sabe nada da reapertura dun edificio e concesión municipal e ninguén se fai responsábel

Neste sentido, sosteñen que ademais das responsabilidades dos dous últimos alcaldes en manter a situación irregular da concesión, tamén haberá que determinar que fallou nos servizos municipais para que ninguén controlase esta concesión.

Del Río: “o goberno local ten que tomar decisións xa sobre Complejo San Roque”