Del Río, sobre a gasolineira, a PSOE e CxB: “Benvidos ao sentido común”

Un encontro sobre a gasolineira coa veciñanza
Un encontro sobre a gasolineira coa veciñanza

O BNG censura que nin PSOE nin CxB se puxeran a disposición da cidadanía e que só se posicionen publicamente diante da contestación social.

Del Río, sobre a gasolineira, a PSOE e CxB: “Benvidos ao sentido común”

O BNG censura que nin PSOE nin CxB se puxeran a disposición da cidadanía e que só se posicionen publicamente diante da contestación social.

Betanzos, 8 de outubro de 2011. O BNG “congratúlase” de que PSOE e CxB se sumen á súa postura diante da instalación dunha gasolineira nas proximidades do CEIP Vales Villamarín. O portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, quixo “darlles a benvida” ao “sentido común” que estivo a defender o BNG por máis dunha semana en solitario.

“Por fin din algo desde que destapamos o tema no pleno o pasado 27 de setembro” ironizou o voceiro nacionalista. O BNG lamenta que o PSOE non teña unha postura oficial alén do parecer particular do alcalde e que CxB “esperase polo PSOE para posicionarse”.

Segundo os nacionalistas, “isto non é dabondo” dado que “o que os veciños demandan é transparencia e información dos seus representantes”. Neste sentido, o BNG censura que nin PSOE nin CxB se puxeran a disposición da cidadanía e que só se posicionen publicamente diante da contestación social.