Del Río: “as feiras teñen que volver a ser un elemento de dinamización económica”

O BNG trasladará unha parte das feiras ao Casco Histórico para potenciar economicamente a zona.

Del Río: “as feiras teñen que volver a ser un elemento de dinamización económica”

O BNG trasladará unha parte das feiras ao Casco Histórico para potenciar economicamente a zona.

Betanzos, 16 de maio de 2011. O BNG celebrou hoxe un reparto na feira de Betanzos, no que participaron, entre outros o portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, e o candidato á Alcaldía de Betanzos, Henrique del Río, xunto cos candidatos e candidatas do resto da comarca, integrantes da candidatura betanceira, militantes e simpatizantes.

O BNG contempla no seu programa a potenciación das feiras tradicionais, como elementos dinamizadores da vida económica. Para cumprir este obxectivo, os nacionalistas trasladarán unha parte das feiras ás prazas do Casco Histórico para contribuír á súa dinamización económica. “As feiras teñen que volver a ser un elemento de dinamización económica para Betanzos”, explicou Henrique del Río.

Del Río explicou que no BNG “estamos dispostos a estudar a fondo as feiras xunto coas entidades representativas de feirantes, comerciantes e hostaleiros para melloralas”. Neste sentido, o BNG non ve inconveniente en cambialas de data “para potenciar o seu papel dinamizador da economía local se a maioría dos actores implicados así o indican e se demostra que é un cambio para mellor”.

Coa promoción e potenciación das feiras os nacionalistas incidirán tamén na dinamización do comercio e a hostelería locais, singularmente no Casco Histórico.