Del Río: “Betanzos debe converterse nun destino turístico cultural e ambiental”

“Crearemos unha rede de pequenos estabelecementos hoteleiros de calidade, baixo unha marca que os distinga e identifique, no Casco Histórico e outros entornos monumentais”.

Del Río: “Betanzos debe converterse nun destino turístico cultural e ambiental”

“Crearemos unha rede de pequenos estabelecementos hoteleiros de calidade, baixo unha marca que os distinga e identifique, no Casco Histórico e outros entornos monumentais”.

Betanzos, 18 de maio de 2011. Betanzos debe converterse, desde o punto de vista do BNG, nun destino que combine o turismo cultural e medioambiental. “A historia e a natureza son os potenciais turísticos da nosa cidade: o Casco Histórico e restantes contornos monumentais, o viño e os espazos naturais son os elementos que fan de Betanzos algo diferente e polos que o Concello debe apostar na súa oferta turística” explica o candidato nacionalista á Alcaldía, Henrique del Río.

“Nas accións de difusión enfocadas ao turismo buscarase facer visíbel a nosa lingua e cultura, como un factor  identitario e como un importante atractivo do noso país” apunta o candidato nacionalista. Entre as propostas nacionalistas figura o estudo, posta en valor e indicación nos roteiros dos lugares singulares de Betanzos coma os túneles do Casco Histórico ou o cemiterio vello.

Os nacionalistas avogan tamén pola posta en valor dos vestixios da arquitectura industrial de Betanzos como a curtidoría da Madalena- recordando o seu pasado como campo de concentración franquista-, a fábrica da luz ou a ponte e estación do ferrocarril.

O BNG propón tamén a sinalización dun sendeiro medioambiental pola beira da ría desde Betanzos ata o Pedrido, que poña en valor o medio e os recursos culturais e patrimoniais.

Impulso ás infraestruturas turísticas

Os nacionalistas normalizarán as adegas do viño do país para poñelas en valor como unha parte máis da cultura vitivinícola de Betanzos a través dun roteiro específico. Del Río: “crearemos unha rede de pequenos estabelecementos hoteleiros de calidade, baixo unha marca que os distinga e identifique, no Casco Histórico e outros entornos monumentais”. Para levar adiante esta proposta, o BNG contemplará a creación dunha empresa pública.

Del Río: “Betanzos debe converterse nun destino turístico cultural e ambiental”