Reclamamos medidas concretas para a conservación do Pasatempo

Unha visita do BNG ao Pasatempo coa asociación en defensa do parque e o Deputado Provincial de Patrimonio
Unha visita do BNG ao Pasatempo coa asociación en defensa do parque e o Deputado Provincial de Patrimonio

“Xa non hai escusa para que o PP non invista na conservación do Pasatempo”

“Sen medidas urxentes e concretas, a declaración de BIC de pouco vale”

Reclamamos medidas concretas para a conservación do Pasatempo

“Xa non hai escusa para que o PP non invista na conservación do Pasatempo”

“Sen medidas urxentes e concretas, a declaración de BIC de pouco vale”

Betanzos, 10 de marzo de 2018. Despois de que no día de onte se fixese público que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural deu os primeiros pasos para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o parque enciclopédico do Pasatempo desde o BNG alegráronse desta noticia “que avanza no bo camiño para a protección do noso patrimonio”.

O grupo nacionalista lembrou ademais que a declaración do BIC era o requisito que a propia Xunta fixara para financiar calquera actuación no Pasatempo. “Sen dúbida, é unha boa noticia. Agora esperamos que o PP poña os cartos para a rehabilitación do Parque. Xa non teñen escusa”, declarou o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río.

“Non podemos agardar máis. Levamos anos pedindo compromisos reais, e non anuncios do que se pretende facer. A realidade que temos sobre a mesa é a oferta da Deputación de 600.000 €, que só será efectiva se a Xunta inviste outro tanto e o Concello aposta de vez por conservar o Parque.”

As nacionalistas esixen medidas urxentes e concretas, porque como di o seu portavoz, Henrique del Río “a declaración de BIC por si mesma de pouco vale. Só hai que mirar para o centro histórico, declarado BIC hai década, e ver o seu estado actual”.

Felicitacións ao movemento social que traballou por esta declaración

Desde o BNG, que aproveitou para felicitar polo conseguido a todas as persoas e colectivos que colaboraron nesta demanda, chaman agora a traballar para asegurar a conservación das estruturas do parque, con medidas concretas e urxentes que eviten danos irreparábeis.