Reclamamos que o goberno local sancione o verquido á rede municipal e a ría do matadoiro

Un acto do BNG a carón do Mandeo

“É triste que se transmita esa imaxe de tolerancia respecto á contaminación da ría e de facer ver que sae gratis contaminar a Reserva da Biosfera das Mariñas, coa de oportunidades de riqueza e emprego que ofrece de coidármola”

Reclamamos que o goberno local sancione o verquido á rede municipal e a ría do matadoiro

“É triste que se transmita esa imaxe de tolerancia respecto á contaminación da ría e de facer ver que sae gratis contaminar a Reserva da Biosfera das Mariñas, coa de oportunidades de riqueza e emprego que ofrece de coidármola”

Betanzos, 3 de decembro de 2016. O grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas demandou no Pleno a apertura dun expediente sancionatorio contra o matadoiro de Montellos polo verquido á ría das pasadas semanas. Segundo as investigacións realizadas e a información publicada, a factoría verqueu á rede municipal de saneamento e o verquido acabou contaminando as augas da ría.

As nacionalistas referíronse a outro episodio similar rexistrado en marzo de 2015. Naquela altura, o executivo local anunciara nos medios de comunicación a apertura dun expediente a causa doutro verquido de augas do proceso industrial do matadoiro á rede municipal sen depurar, segundo da propia concesionaria do saneamento. “ Pasou o tempo e, a pesar da severidade que se anticipaba co anuncio do gabinete de prensa municipal, ningunha acta da xunta de goberno local recolleu sanción algunha” relataba o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

“O PSOE hai un ano tivo moita présa en anunciar que tomaría medidas, pero non demostrou ningunha vontade en levalas até o fin despois”, aseguran. “Parece que neste concello sae barato contaminar”, lamentaba o edil do BNG. “En que quedou o expediente aberto en 2015?”, preguntaron. Cuestionan que, polo de agora, o goberno local non anunciase a apertura doutro expediente polo verquido rexistrado nas pasadas semanas.

Este novo verquido desde o polígono industrial betanceiro, último rexistrado polo de agora, acabou, en parte, no río Callou e na ría, co temor conseguinte das mariscadoras en plena campaña de Nadal. “É triste que se transmita esa imaxe de tolerancia respecto á contaminación da ría e de facer ver que sae gratis contaminar a Reserva da Biosfera das Mariñas, coa de oportunidades de riqueza e emprego que ofrece de coidármola”, conclúen. 

Reclamamos que o goberno local sancione o verquido á rede municipal e a ría do matadoiro