“NOS SEIS ANOS QUE TEN O AULARIO NON SE FIXO A LIMPEZA E MANTEMENTO DE CANALÓNS E BAIXANTES E ASÍ ACABOU INUNDÁNDOSE ONTE”.

Reclamamos ao goberno local que faga o mantemento que o Vales Villamarín precisa

Henrique del Río e Amelia Sánchez, nun acto público
Henrique del Río e Amelia Sánchez, nun acto público

“É certo que a Xunta ten un deber enorme con Betanzos no que a investimento en ensino público se refire, pero non pode ser a excusa para que o goberno local non faga os seus deberes tamén”

Reclamamos ao goberno local que faga o mantemento que o Vales Villamarín precisa

“É certo que a Xunta ten un deber enorme con Betanzos no que a investimento en ensino público se refire, pero non pode ser a excusa para que o goberno local non faga os seus deberes tamén”

“Nos seis anos que ten o aulario non se fixo a limpeza e mantemento de canalóns e baixantes e así acabou inundándose onte”.

Betanzos, 13 de novembro de 2019. O BNG lamentou que o goberno local non estea a executar os traballos de mantemento necesarios no CEIP Vales Villamarín. “O mantemento das instalacións é competencia municipal, e non se está realizando coa intensidade necesaria”, advirte o edil nacionalista Henrique del Río.

Desde o BNG advirten que “o centro levaba días advertindo dunha pingueira no interior do aulario, que o goberno local non atendeu e que foi a que deu lugar á inundación das instalacións onte á tarde”. Neste sentido, tras visitar esta mañá o edificio, o portavoz municipal do BNG asegura que “no centro nos explicaron que nos seis anos que ten o aulario non se fixo a limpeza e mantemento de canalóns e baixantes”.

As nacionalistas xa levaran ao último pleno as queixas de pais e nais de alumnado do CEIP Vales Villamarin polo estado do novo patio cuberto construído polo goberno local. Así, o voceiro do BNG, Henrique del Río, relatou que “ as lousas de caucho recén instaladas no patio cuberto afunden co simple peso dunha persoa camiñando”, co perigo que representa para as escolares.

Neste sentido, trasladaron a preocupación de nais e pais porque “ parque infantil instalado polo goberno local na zona máis próxima á escola infantil Galiña Azul desprende do seu pavimento de caucho un pó negro que, ademáis de estragar ropa e calzado, é inhalado polas crianzas”.

Ferros clavados no patio e comedor con pupitres por falta de mobiliario

 

Ademais, indicou, ao retirar ás presas o peche de obra do recinto tras as críticas da comunidade escolar ao goberno local, “ quedaron os ferros cos que se fixaron as vallas, cortados con radial mais sobresaindo do pavimento varios milímetros”. As nacionalistas advirten que isto representa “un perigo para as crianzas que utilizan a diario o patio”.

Finalmente, indicaron que “a pesar dos anuncios do executivo local, pais e nais asegúrannos que o comedor escolar no edificio de Primaria non ten espazo abondo e hai escolares comendo en pupitres de aulas”.

As nacionalistas exixiron ao goberno local “que asuma as súas responsabilidades e deixe de mirar para outro lado”. Desde o BNG recordan que todas estas cuestións, que afectan á seguridade e conforto das crianzas no colexio, dependen de obras, actuacións ou servizos que xestiona directamente o goberno local. “É certo que a Xunta ten un deber enorme con Betanzos no que a investimento en ensino público se refire, pero non pode ser a excusa para que o goberno local non faga os seus deberes tamén”, ironiza Del Río.