POR SEGUNDO ANO, ADEMAIS, O BNG REPARTIRÁ ETIQUETAS PARA OS AGASALLOS POLOS COMERCIOS DE BETANZOS E A COMARCA PARA APOIAR O COMERCIO LOCAL E ANIMAR AO CONSUMO DE PRODUTOS GALEGOS.

Propoñeremos no Pleno unha campaña de apoio ao comercio de proximidade

Reparto dos colantes de Nadal no comercio
Reparto dos colantes de Nadal no comercio

As nacionalistas propoñen a edición dunha app e unha guía de circuítos curtos de consumo e potenciación dos mesmos con campañas específicas no mercado municipal e a organización de obradoiros de reciclaxe de refugallos domésticos, como elaboración de xabróns reciclando aceite ou de decoración de Nadal, entre outras medidas.

Por segundo ano, ademais, o BNG repartirá etiquetas para os agasallos polos comercios de Betanzos e a comarca para apoiar o comercio local e animar ao consumo de produtos galegos.

Propoñeremos no Pleno unha campaña de apoio ao comercio de proximidade

As nacionalistas propoñen a edición dunha app e unha guía de circuítos curtos de consumo e potenciación dos mesmos con campañas específicas no mercado municipal e a organización de obradoiros de reciclaxe de refugallos domésticos, como elaboración de xabróns reciclando aceite ou de decoración de Nadal, entre outras medidas.

Por segundo ano, ademais, o BNG repartirá etiquetas para os agasallos polos comercios de Betanzos e a comarca para apoiar o comercio local e animar ao consumo de produtos galegos.

Betanzos, 13 de decembro de 2018. O BNG trasladará ao Pleno unha proposta para fomentar o consumo responsábel e de proximidade coincidindo co Nadal e as rebaixas. A proposta do grupo nacionalista centrase “en poñer en marcha un programa  que chaman ‘Betanzos polo consumo responsábel’ que promova o consumo consciente e responsábel, o comercio xusto e a soberanía alimentar como opcións prácticas e cercanas para diminuír o impacto económico, social e ambiental da globalización no entorno local”, segundo explicou o portavoz nacionalista Henrique del Río.

“O pequeno comercio é un sector estratéxico para Betanzos, de feito, Betanzos conta cun centro comercial aberto, modelo que precisa ser desenvolvido por completo na nosa cidade, para configurarse como a única alternativa viábel para a supervivencia do pequeno comercio”, engadiu del Río. O edil nacionalista demandou do goberno local “un cambio de rumbo nas políticas destinadas ao pequeno e mediano comercio de Betanzos, porque as semanas da tortilla e o pincho son dúas medidas puntuais que non contribúen á dinamización comercial da cidade alén das datas puntuais en que se celebran”.

“Cómpre que o goberno local faga un esforzo en promover o consumo no pequeno e mediano comercio como opción responsábel, sustentábel nos sentidos ambiental e social, e consciente, axustado ás necesidades reais da veciñanza rachando co consumismo vinculado, en boa medida, a datas moi concretas”, indicou o portavoz do BNG. "É unha economía circular, que deixa na propia cidade boa parte dos beneficios económicos e sociais, que contribúe a xenerar riqueza, emprego e benestar aquí mesmo", abunda.

Dentro deste programa de consumo responsábel, as nacionalistas propoñen unha serie de medidas concretas que inclúen: a edición dunha app cunha guía de responsabilidade, o fomento de grupos de consumo responsábel, a edición dunha guía de circuítos curtos de consumo e potenciación dos mesmos con campañas específicas no mercado municipal, a organización de obradoiros de reciclaxe de refugallos domésticos, como elaboración de xabróns reciclando aceite ou de decoración de Nadal, entre outros, e reformular a política de compras de bens do Concello cara este mesmo paradigma de consumo responsábel.

Campaña de apoio ao comercio para rotular os agasallos en galego

Por segundo ano, ademais, o BNG repartirá etiquetas para os agasallos polos comercios de Betanzos e a comarca para apoiar o comercio local e animar ao consumo de produtos galegos. Con esta proposta queren tamén contribuír á normalización do uso de galego tamén nestas datas.

“Con esta campaña pretendemos defender o pequeno comercio galego, os produtos propios e a súa etiquetaxe en galego como maneira de dinamizar a economía de Betanzos e da nosa comarca”, explicouo portavoz municipal do BNG, Henrique del Río