Propoñeremos no Pleno cambiar a ORA por un sistema gratuíto de rotación do aparcamento

“É un primeiro paso positivo que o goberno local non renove o contrato de concesión da ORA un ano máis, mais é un anuncio que chega con retraso, logo de o PSOE insistir por anos en prorrogar de maneira totalmente irregular o contrato”.

Propoñeremos no Pleno cambiar a ORA por un sistema gratuíto de rotación do aparcamento

“É un primeiro paso positivo que o goberno local non renove o contrato de concesión da ORA un ano máis, mais é un anuncio que chega con retraso, logo de o PSOE insistir por anos en prorrogar de maneira totalmente irregular o contrato”.

Betanzos, 10 de marzo de 2017. O BNG valorou coma “un primeiro paso positivo” que o goberno local non renovase o contrato de concesión da ORA un ano máis. Para as nacionalistas, porén, “é un anuncio que chega con retraso, logo de o PSOE insistir por anos en prorrogar de maneira totalmente irregular o contrato”.

Neste sentido, explican que, a pesar de que o goberno municipal anunciou o pasado mes de outubro que ía “denunciar o actual contrato da ORA” realmente o contrato acabouse e o PSOE xa anunciou que o sacará novamente a concurso. “Semella que por fin, tras anos de irregularidades e denuncias públicas, o PSOE se convence de que é indecente ter unha empresa cobrándonos por estacionar nas nosas rúas sen que un euro de todo o que cobra entre no Concello”, engadiu o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río.

A ORA é un sistema malo para o pequeno comercio, que compite con grandes superficies con aparcamento gratuíto

Desde o BNG insisten en que “a ORA é un sistema inxusto”. “Paga igual todo o mundo con independencia da súa capacidade económica”, explica o voceiro do BNG, Henrique del Río. O edil nacionalista alerta de que “mentres os centros comerciais ofrecen aparcamento gratuíto aos seus clientes, o centro comercial aberto de Betanzos compite en desvantaxe con aparcamento de pago, sexa en rúas ou estacionamentos soterrados”. “Polo tanto, a ORA é un sistema malo para o pequeno comercio, que é un sector estratéxico para Betanzos”, engade.

Neste sentido, o BNG anticipou que presentará ao próximo Pleno unha moción para substituír o actual sistema de pago- transitoriamente sen empresa recadadora mais en vigor e previsto en toda a normativa municipal- por un sistema de rotación gratuíta do estacionamento.

“A proba de que a ORA non cumpriu a súa finalidade é que pagamos 600 euros ao mes como mínimo ao aparcamento soterrado do Campo para ter ’20 minutos gratis’ que non deixa de ser outro sistema de rotación do estacionamento”, explica Del Río. “Así que dado que non funciona, propoñemos substituír o sistema de pago por outro gratuíto que está comprobado que funciona en vilas como Carballo”, engade.

Propoñeremos no Pleno cambiar a ORA por un sistema gratuíto de rotación do aparcamento