Propoñemos no Pleno rexeitar a suba de peaxes na AP9 e demandar a súa cesión a Galiza

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

“As betanceiras pagamos as peaxes da área metropolitana que asumiron outras administracións e tamén pagamos directamente a peaxe cada vez que imos cara A Coruña desde Betanzos, e a concesionaria, pola contra, nin paga o IBI ao Concello por outro privilexio franquista, nin permite pasar o tráfico pesado sobre a ría, senon que o temos polo medio da cidade”

Propoñemos no Pleno rexeitar a suba de peaxes na AP9 e demandar a súa cesión a Galiza

“As betanceiras pagamos as peaxes da área metropolitana que asumiron outras administracións e tamén pagamos directamente a peaxe cada vez que imos cara A Coruña desde Betanzos, e a concesionaria, pola contra, nin paga o IBI ao Concello por outro privilexio franquista, nin permite pasar o tráfico pesado sobre a ría, senon que o temos polo medio da cidade”

Betanzos, 18 de decembro de 2017. O BNG demandou no Pleno que o Concello de Betanzos rexeite a suba das peaxes da AP-9. Segundo denunciou o voceiro nacionalista, Henrique del Río, o goberno español autorizou a AUDASA a subir as peaxes un 3,1% durante os vindeiros 3 anos. “É o dobre do IPC”, denuncia.

As nacionalistas denuncian que a privatización da autoestrada resultou prexudicial para Galiza. “A concesión inicial, de 1973, tiña unha duración de 40 anos, até 2013, pero o PSOE ampliouna até 2023 e logo o PP até 2048”. “Outras estradas da mesma época da AP9 serán gratuitas en 2023, pero as galegas pagaremos esta e o rescate das radiais madrileñas”, cuestionan.

Neste sentido, o BNG advirte que “para Betanzos é especialmente prexudicial este deseño imposto polo goberno español”. “As betanceiras pagamos as peaxes da área metropolitana que asumiron outras administracións” explican. “Pero tamén pagamos directamente a peaxe cada vez que imos cara A Coruña desde Betanzos, e a concesionaria, pola contra, nin paga o IBI ao Concello por outro privilexio franquista, nin permite pasar o tráfico pesado sobre a ría, senon que o temos polo medio da cidade”, explica Del Río.

Neste sentido, desde o BNG denuncian que “a explotación da AP9, con todas as regalías e prebendas concedidas polo Estado é unha xigantesca fábrica de cartos do que se beneficia unha empresa foránea e do que se beneficia tamén o Estado”.

Iniciativas desde hai décadas demandando a cesión a Galiza da vía

O BNG leva demandando desde fai anos que se tomen medidas para que a AP-9 sexa unha vía de comunicación galega, de competencia do Goberno galego, e de acceso gratuíto para todas as galegas. Nomeadamente, o BNG presentou iniciativas tanto no Parlamento de Galiza como no Congreso dos Deputados para demandar, entre outras medidas, a súa transferencia á Xunta de Galiza e que se suprimisen as peaxes. “O goberno español veta a transferencia da AP-9, que serviría para que evitar que siga lastrando o desenvolvemento de comarcas enteiras”, engaden.