Presentamos varias propostas para facer máis xustas socialmente as ordenanzas fiscais

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

As nacionalistas reclamaron de novo a supresión da taxa pola ORA e cambio a modelo gratuíto.

Insistiron na modificación da ordenanza fiscal das terrazas e a modificación do IBI

Presentamos varias propostas para facer máis xustas socialmente as ordenanzas fiscais

As nacionalistas reclamaron de novo a supresión da taxa pola ORA e cambio a modelo gratuíto.

Insistiron na modificación da ordenanza fiscal das terrazas e a modificación do IBI

Betanzos, 19 de outubro de 2017. O BNG presentou varias propostas para facer máis xustos os tributos municipais. Así as nacionalistas reclamaron de novo a supresión da taxa pola ORA e cambio a modelo gratuíto. Finalmente, dado que se deu por extinguida a concesión da ORA, o BNG propón derrogar a ordenanza fiscal que establece o cobro da zona azul, para dar paso a un sistema gratuíto de rotación do estacionamento. “Entendemos que é unha medida que favorece ao comercio, pois para competir coas grandes superficies comerciais, que dan aparcamento gratis, o centro comercial aberto de Betanzos precisa tamén estacionamento sen custe”, conclúe.

Modificar a ordenanza fiscal das terrazas

Desde o BNG avogan taménpor modificar a ordenanza fiscal das terrazas para bonificar os negocios de hostalaría no Casco Histórico cun 30% de desconto. Ademais, propoñen reformular os grupos de rúas desta norma, de maneira que queden só dous grupos, a zona do Campo, onde o Concello organiza todos os meses eventos dos que se benefician as terrazas, e o resto da cidade. “Con esta medida favoreceríase a actividade hostaleira na zona monumental, de maneira que se combate o abandono: a cantos máis negocios, menos focos de exclusión social”, explica Henrique del Río, voceiro do BNG.

Do mesmo xeito, as nacionalistas suxiren tamén equiparar en todas as ordenanzas relativas a actividades culturais, deportivas ou educativas os descontos por ser persoa en desemprego, mocidade con carné xove ou estudante ou vítimas de violencia machista. “Non é lóxico que nunhas estudar supoña un desconto e noutras non”, explican.

Un IBI máis xusto e taxa polo cableado

O BNG amosou a súa satisfacción porque a proposta inicial do goberno local recollese xa a demanda nacionalista de bonificar a contribución aos edificios suxeitos a actividades agrogandeiras. "É un pequeno xesto de apoio ao sector" explica Del Río.

Do mesmo xeito, as nacionalistas celebran a creación dunha taxa para as distribuidoras de electricidade ou telefonía polos tendidos aéreos e nas fachadas. "É algo que propuxemos a comezos de ano no Pleno" relata.