"CON ESTA CANDIDATURA BUSCAMOS UNIR A TODAS AS PERSOAS QUE QUEREMOS UN BETANZOS MELLOR, TENDER PONTES CON TODAS AQUELAS PERSOAS QUE CREN QUE É POSIBLE OUTRA FORMA DE FACER AS COUSAS E TEÑEN CONFIANZA EN QUE BETANZOS PODE SER ALGO MÁIS QUE UNHA VILA DORMITORIO DA CORUÑA"

Presentamos a candidatura para dotar Betanzos dun goberno coas ideas claras

image

"Temos claro que o futuro de Betanzos pasa por poñer en valor o que somos, o patrimonio que herdamos, o que nos fai diferentes a todo o resto da comarca e a área metropolitana".

Presentamos a candidatura para dotar Betanzos dun goberno coas ideas claras

"Con esta candidatura buscamos unir a todas as persoas que queremos un Betanzos mellor, tender pontes con todas aquelas persoas que cren que é posible outra forma de facer as cousas e teñen confianza en que Betanzos pode ser algo máis que unha vila dormitorio da Coruña"

"Temos claro que o futuro de Betanzos pasa por poñer en valor o que somos, o patrimonio que herdamos, o que nos fai diferentes a todo o resto da comarca e a área metropolitana".

Betanzos, 22 de marzo de 2019. O BNG presentou hoxe a candidatura coa que concurrirá as eleccións municipais do vindeiro maio. A candidatura estará encabezada polo actual portavoz municipal Henrique del Río, ao que acompañarán en postos de saída Amelia Sánchez, profesora de lingua de Xanrozo, e Vanessa Rey, delegada sindical da CIG e traballadora do telemarketing en Universal Support no polígono de Bergondo, e nacida no barrio da Ribeira.

Salvador González, escultor da Cerámica do Castro ocupa a cuarta praza, a quinta é para María Bonome Orgeira, nada no Mandeo. O sexto posto ocúpao Carlos Maceiras, adestrador das categorías inferiores do Betanzos C.F., Xabier Dopico, das Cascas, ocupa a sétima praza, a funcionaria de Correos Encarna Vidal é oitava e o profesor no IES As Mariñas Xesús Paz, de Viladesuso, é noveno.

As nacionalistas destacan que a candidatura conta cunha importante renovación xa que ate sete persoas das que a compoñen figuran por vez primeira. Mais desde o BNG indican que "consolidamos un grupo de traballo cohesionado, en torno a un proxecto de cidade claro".

Neste sentido, o candidato do BNG á Alcaldía, Henrique del Río, explica que "presentamos o goberno que Betanzos precisa para saír da parálise actual". "Estamos convencidas de que Betanzos pode ser outra cousa, unha cidade viva, dinámica, consciente do seu potencial, orgullosa da súa identidade" asegura o candidato do BNG.

Desde o BNG destacan o proceso de elaboración da candidatura a través de asembleas abertas. Nelas, ademais, foise actualizando o programa de goberno, que recolle "o traballo en positivo destes últimos anos". As nacionalistas salientan que este proceso está aínda aberto xa que continúan recollendo achegas, en xuntanzas con entidades, en conversas con veciñanza e por medio da App para redactar o programa.

"É hora de construír o Betanzos do futuro, con ilusión e coas ideas claras", abunda Del Río.  "Temos claro que ese futuro pasa por poñer en valor o que somos, o patrimonio que herdamos, o que nos fai diferentes a todo o resto da comarca e a área metropolitana", explica. "Con esta candidatura buscamos unir a todas as persoas que queremos un Betanzos mellor, tender pontes con todas aquelas persoas que cren que é posible outra forma de facer as cousas e teñen confianza en que Betanzos pode ser algo máis que unha vila dormitorio da Coruña", conclúen.

Candidatura completa

01.    Henrique del Río Otero 
02.    Amelia Sánchez Pérez
03.    Vanessa Rey Carro
04.    Salvador González Fernández
05.    María Bonome Orgeira
06.    Carlos Maceiras Lagoa
07.    Xabier Dopico López
08.    Encarnación Vidal Santos
09.    Xesús Paz López
10.     Liliana Pardo Dopazo
11.    Francisco Torrado Ares
12.     Silvia Aguiar Barral
13.     Francisco Porto Dominguez
14.     Pilar Vazquez Rodríguez
15.     Andrés Otero Botana
16.     Mariña Longueira Gómez
17.     Andres Otero Martínez


SUPLENTES
18.    Teresa Rivera García
19.    Fernando Andrade Fandiño
20.    Ricardo Migal Naveira
21.    Emma Marques Solla
22.    Antonio Fafian Casal

Presentamos a candidatura para dotar Betanzos dun goberno coas ideas claras