O Pleno, por iniciativa do BNG, reproba ao goberno local pola súa xestión do Pasatempo

Xosé Luís Rivas "Mini&", con Henrique del Río, e máis compañeiras do BNG na concentración do Pasatempo. Imaxe de La Opinión
Xosé Luís Rivas "Mini&", con Henrique del Río, e máis compañeiras do BNG na concentración do Pasatempo. Imaxe de La Opinión

"É gravisima a pasividade e incapacidade do PSOE mentres o noso patrimonio desaparece"

"O certo é que o goberno local leva dando voltas co proxecto para rehabilitar esta propiedade municipal desde 2016 sen chegar a facer nada"

O Pleno, por iniciativa do BNG, reproba ao goberno local pola súa xestión do Pasatempo

"É gravisima a pasividade e incapacidade do PSOE mentres o noso patrimonio desaparece"

"O certo é que o goberno local leva dando voltas co proxecto para rehabilitar esta propiedade municipal desde 2016 sen chegar a facer nada"

Betanzos, 31 de outubro de 2018. O Pleno aprobou onte unha moción de urxencia reprobando á alcaldesa, ao concelleiro de Obras e mais ao de Cultura pola súa xestión do Pasatempo. "Aínda a día de hoxe descoñecemos se alguén está a redactar o proxecto de rehabilitación do Pasatempo", indicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. "No pleno do mes pasado a alcaldesa dixo que o estaba a redactar a Xunta, mentres que o goberno galego nega ter pechado máis compromiso que asesoramento técnico", engadiu. "O certo é que o goberno local leva dando voltas co proxecto para rehabilitar esta propiedade municipal desde 2016 sen chegar a facer nada", engade o edil nacionalista.

O BNG cuestiona o escurantismo do goberno local neste asunto. "A pesar de termos unha xunta de voceiros, unha comisión de patrimonio e outra para o Pasatempo, en ningún momento o goberno local informou dos traballos que pretendía desenvolver no conxunto do parque estas datas", explica. As nacionalistas demandan que o executivo informe "das actuacións que se estaban levando a cabo no momento do desprendemento, pedindo copia do proxecto, identificación das persoas responsábeis da actuación, da comunicación e autorización de Patrimonio e mesmo das autoridades que ordenaron estes traballos".

"En febreiro do pasado ano caía un pedazo no Estanque da Gruta e, a pesar de que o goberno local anunciaba a reposición 'inmediata' do mesmo e garantía que era algo 'puntual', nin se reparou este mural nin, desde logo, foi algo illado aquel desprendemento" recordou o portavoz nacionalista, Henrique del Río.  "E até dous días antes da caída, toda a urxencia do goberno local era contratar a rehabilitación da pasarela, que firmaron o día 23, cando está por ver que Patrimonio non ordene retirala para conservar o Pasatempo", indicou.

O BNG recorda que nos orzamentos municipais de 2017 ía unha partida de 160 000 euros para estudos técnicos, que PSOE, BN e BeC sinalaron como a do proxecto de rehabilitación do Pastempo. "Nós alegamos ás contas para pedir unha partida de investimento no parque e  tumbaron a nosa emenda", recorda. Non se tocou, pasou ao remanente", explica o voceiro nacionalista. "No pleno de setembro deste ano, aínda, aprobouse destinar 200 000 euros dese mesmo remanente a obras de rehabilitación do parque", detalla. "Cando hai un anteproxecto que sinala riscos evidentes de colapso e caídas desde 2016 aínda a finais de 2018 o Concello non ten nada en firme", relata.


"Agardamos que asuman as súas responsabilidades como demandou o Pleno", indicou o portavoz municipal do BNG. "Esperamos que convoquen o pleno extraordinario a que se comprometeron para seguir debatendo o tema, no que o BNG exixirá un plan con medidas concretas e un cronograma de actuacións para salvar o Pasatempo" avanza Del Río. "É gravisima a pasividade e incapacidade do PSOE mentres o noso patrimonio desaparece" conclúe.