Un photocall dará a coñecer as propostas do BNG para repensar a Feira Franca

WhatsApp Image 2018-07-06 at 19.38.43 (4)

Xantares populares nas rúas para a veciñanza que se vista de época, xogos populares, danzas gremiais, folión de carros do país ou embarcacións tradicionais, algunhas das propostas para singularizar o festexo.

As nacionalistas propoñen unha edición de peto coas cantigas dos trobadores betanceiros Pero Amigo de Sevilha, Pero de Ambroa e sobre María a Balteira e reeditar a Crónica Troiana.

Un photocall dará a coñecer as propostas do BNG para repensar a Feira Franca

Xantares populares nas rúas para a veciñanza que se vista de época, xogos populares, danzas gremiais, folión de carros do país ou embarcacións tradicionais, algunhas das propostas para singularizar o festexo.

As nacionalistas propoñen unha edición de peto coas cantigas dos trobadores betanceiros Pero Amigo de Sevilha, Pero de Ambroa e sobre María a Balteira e reeditar a Crónica Troiana.

Betanzos, 6 de xullo de 2018. O BNG presentará cun photocall as súas propostas para mellorar a Feira Franca Medieval. Quen se achegue a coñecer as propostas das nacionalistas poderá retratarse como a soldadeira María a Balteira, o escribán e líder irmandiño Xohán Branco ou o frade copista e tradutor Fernán Martíns. “Escollimos tres persoaxes betanceiras de grande trascendencia para a historia de Galiza que non son lembrados na Feira Franca”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Coa iniciativa as nacionalistas pretenden poñer en valor estes persoeiros, unha das propostas para singularizar a Feira Franca entre as ducias de mercados medievais do país. “A aposta polo propio, polo que nos fai diferentes, é o camiño para posicionar Betanzos, tanto entre as festas medievais como todo o ano: o patrimonio e a historia é o que nos fai únicos”, insiste Del Rio.

Neste sentido, o BNG tamén decorou a súa sede comarcal, como outros anos, para a viaxe á Idade Media. “Betanzos, capital do reino de Galiza” é o lema dun estandarte que decora a fachada xunto coa reprodución dun dos escudos máis antigos que se conservan do país, situado na betanceira Porta da Vila. “A Historia da cidade e do país debería ser a base desta festa de recreación histórica, e non os tópicos de Hollywood sobre a Idade Media con cortes señoriais, bailes cortesanos e torneos”, explican desde o BNG.

As nacionalistas achegarán as súas propostas nun orixinal díptico que leva unha breve biografía tamén da Balteira, Xoán Branco e Fernán Martíns. Será na rúa da Torre, baixo a sede comarcal, o venres de 19 a 21 h e o sábado de 12:30 a 14h.

O valor do propio como diferenza para a Feira Franca

 

Xunto á cesión de espazos nas rúas para pandillas vestidas de época faceren xantares populares, a fin de fomentar a participación e que a veciñanza se vista para o festexo, o BNG propuxo este ano popularizar a historia e a literatura medieval con raíces betanceiras. Neste sentido, Del Río explica que o BNG propuxo  que o Concello edite todas as cantigas elaboradas polos trobadores betanceiros Pero Amigo de Sevilha e Pero de Ambroa e as dedicadas á soldadeira María Péres A Balteira “en edición de peto, para toda a veciñanza”. Canda isto, o BNG propuxo a reedición da Crónica Troiana, o texto en prosa galega medieval máis antigo que se conserva, que se debe precisamente a Fernán Martíns.

“Son iniciativas de pouco custo que amosan a importancia da nosa cidade na historia de Galiza na Idade Media e contribúen a dar a coñecer un patrimonio que moitas veces pasa por alto”, explica Del Río. Neste sentido, desde o BNG botan en falta a presenza das danzas gremiais na programación da festa histórica, “sendo como son un elemento orixinario desta época que chegou ata a actualidade”.

Ademais, as nacionalistas propoñen singularizar máis a Feira Franca coa presenza de elementos da cultura galega que complementan a temática histórica da festa coma un folión de carros do país, a representación dalgún traballo do agro da comarca, ou abrir o recinto da festa ata os peiraos medievais da Ponte Vella cun encontro de embarcacións tradicionais, ademais de  incluír un espazo para xogos e deportes tradicionais galegos como chave, billarda, bolos celtas... “Apostar polo propio, polo que nos fai diferentes, para singularizarnos e sermos referentes”, resume o edil do BNG


 

Un photocall dará a coñecer as propostas do BNG para repensar a Feira Franca