Pediremos no Pleno que modifique a ordenanza de limpeza e coloque taboleiros informativos en todos os barrios e parroquias

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

Desde o BNG consideran que “antes de multar o Concello ten que ofrecer alternativas aos colectivos sociais contar con espazos suficientes e en todo o municipio para fixar esta publicidade”

“O que non pode ser é que se multe a unhas persoas si e a outras non, en función de sabe deus criterios, aplicando hoxe si e mañá non a ordenanza de limpeza ou a de tráfico que impide aparcar na praza do Concello”

“Trátase dunha ordenanza inxusta, que implica que se pague o mesmo por pegar un cartaz con fixo que por unha pintada, cando é obvio que o gasto do Concello para retiralo non é remotamente o mesmo nin os danos e prexuízos ocasionados poden compararse”

Betanzos 26 de maio de 2018. O BNG pedirá no Pleno que o Concello coloque taboleiros para fixar cartelaría anunciadora de actos de colectivos e entidades suficientes, en todos os barrios e parroquias e no centro da cidade. As nacionalistas salientan que a pesar de que se colocaron varios a raíz dunha moción presentada en 2011, nunca houbo espazos para cartelaría no centro de Betanzos o que dificulta a información á veciñanza. Ademais nos últimos meses retiraron algúns dos escasos paneis existentes, como o que estaba diante do convento das donas dificultando aínda máis a información.

“A propia proba de que o soportes non abondan é que o propio executivo local fai colgar a publicidade dos seus actos nas fiestras do Edificio Arquivo, cunha imaxe realmente cuestionábel”, explica o voceiro do BNG, Henrique del Río.

Neste sentido, desde o BNG consideran que “antes de multar o Concello ten que ofrecer alternativas aos colectivos sociais contar con espazos suficientes e en todo o municipio para fixar esta publicidade”. “Sobre todo cando o propio Concello colga a súa publicidade en sitios nos que, en teoría, a vixente ordenanza de limpeza prohíbe colocar carteis”, indican.

 “A falta de soportes e a posibilidade de sancionar por colocar a cartelaría dificulta a promoción dos actos que organizan as asociacións da cidade, afectando, pois, ao dereito a informar a veciñanza e da veciñanza a se informar” sosteñen as nacionalistas. “Como temiamos cando PSOE e PP aprobaron a actual ordenanza de limpeza, isto no fondo é unha traba á divulgación de actos, festexos ou protestas de toda índole”.

O BNG ten solicitado varias veces que o goberno local informe sobre cantas veces aplicou esta norma

“En teoría tiña que aparecer nas actas da xunta de goberno local, pero non lembramos referencias por pegar cartelaría nelas”, indican as nacionalistas. Por este motivo entenden que a norma non se aplica- agás na sanción que o PSOE pretende impoñer agora ao BNG.

 “O que non pode ser é que se multe a unhas persoas si e a outras non, en función de sabe deus criterios, aplicando hoxe si e mañá non a ordenanza de limpeza ou a de tráfico que impide aparcar na praza do Concello”, explica Del Río. “E o goberno local non pode elixir a quen lle aplica as normas e a quen non”, advirte.

Refacer a ordenanza para facela máis xusta

As nacionalistas propoñerán ao pleno refacer a ordenanza no prazo de dous meses, para facela máis xusta. Recordan que cando se aprobou esta ordenanza advertiran xa que as infraccións e sancións eran desproporcionadas e excesivas.

“Trátase dunha ordenanza inxusta, que implica que se pague o mesmo por pegar un cartaz con fixo que por unha pintada, cando é obvio que o gasto do Concello para retiralo non é remotamente o mesmo nin os danos e prexuízos ocasionados poden compararse” explica o edil nacionalista. “Por non abundar xa noutras infraccións previstas que xa pedimos corrixir, como a multa de cen euros a quen rebusque comida ou cousas de valor nos colectores do lixo” recorda.