Pediremos no Pleno o respaldo do Concello ao viño para pedir axudas polos danos das xeadas

Un cultivo de viño de Betanzos
Un cultivo de viño de Betanzos

Dentro da IXP, segundo os datos da Xunta de 2015, hai 14 produtores e 6 industrias, que xeneran un valor económico de 33 000 euros, pero hai que sumar o impacto sobre toda actividade económica non incluída na IXP, tanto no sector do viño coma noutros”.

Pediremos no Pleno o respaldo do Concello ao viño para pedir axudas polos danos das xeadas

Dentro da IXP, segundo os datos da Xunta de 2015, hai 14 produtores e 6 industrias, que xeneran un valor económico de 33 000 euros, pero hai que sumar o impacto sobre toda actividade económica non incluída na IXP, tanto no sector do viño coma noutros”.

Betanzos, 27 de maio de 2017. O BNG pedirá no Pleno o apoio do Concello para os produtores de viño afectados polas xeadas da última semana de abril. “Os produtores asociados á Indicación Xegráfica Protexida (IXP) Viño da Terra de Betanzos trasladáronnos que a superficie afectada polas xeadas é de 3,5 hectáreas” explica Henrique del Río, voceiro do BNG. “Tendo presente que, segundo os datos da Xunta de 2015, a IXP ten 9,75 hectáreas, estamos a falar dun terzo da produción” explica.

“Os danos varían en función da situación das parcelas e a súa orientación, que oscilarían entre algunhas parcelas indemnes e outras onde os danos van do 30 ao 100% da produción de uva” explica o edil nacionalista. A eles, indica, hai que sumar o viñedo que non está incluído no ámbito da IXP, “xa que hai produtores, adegas e cultivos fóra desta indicación, polo que a incidencia destas xeadas sería superior”.

O BNG alerta do impacto destas xeadas na economía da comarca. “Dentro da IXP, segundo os datos da Xunta de 2015, hai 14 produtores e 6 industrias, que xeneran un valor económico de 33 000 euros, pero hai que sumar o impacto sobre toda actividade económica non incluída na IXP”, explica. “A perda de ingresos que supoñen estes danos podería poñer en risco a viabilidade e supervivencia de moitas explotacións nun momento no que a IXP comeza a visibilizarse de cara ao mercado nacional e estatal” advirten desde o BNG, que alerta tamén do impacto “no movemento económico e a relevancia etnográfica e cultural das adegas do viño do país”.

“Ademais dun cultivo tan singular como o viño desta IXP, os danos das xeadas poden ter afectado a outras producións das que aínda non hai datos, coma horta ou mel” indica o voceiro do BNG. Por este motivo, temen que o impacto das perdas se traslade á economía de toda a comarca por supoñer, en moitos casos, “producións que achegaban rendas complementarias moi importantes para soster as economías domésticas, que poderían traducirse nunha redución drástica de ingresos”.

Por este motivo, o BNG pedirá no Pleno que a Corporación demande á Xunta que se sente xa coas organizacións agrarias para avaliar os danos ocasionados polas xeadas nas producións agrarias, valoralos e establecer liñas de axuda para apoiar as explotacións afectadas. A proposta do BNG é que estas axudas comprendan “tanto a compensación polas perdas da produción xa previstas para este ano, como as medidas precisas para a recuperación das plantacións afectadas que permitan a plena recuperación da produción no seguinte ciclo produtivo”.

O BNG defende poñer en valor todo o ciclo do viño como un activo turístico máis

“O viño é unha grande oportunidade de desenvolvemento local se se sabe aproveitar” explican as nacionalistas, que defenden protexer todo o chan de viñedo existente e unha zona colindante para ampliar a produción, para garantir espazo para esta actividade económica. O programa de goberno do BNG incluía, ademais, a creación dunha cooperativa vinícola para garantir emprego vinculado ao sector.

A posta en valor do viño, no proxecto do BNG, pasa ademais por potenciar turisticamente todo o ciclo produtivo do viño, a fin de convertelo nun activo máis para a cidade e potenciando os seus valores culturais e etnográficos, deseñando itinerarios específicos e poñendo en valor as adegas do viño do país.