OS MEMBROS DO GOBERNO LOCAL SON OS PRIMEIROS QUE TEÑEN QUE DAR EXEMPLO Á VECIÑANZA QUE LEVA MESES RESPECTANDO AS NORMAS PARA GARANTIR A SEGURIDADE DELES MESMOS E DO RESTO DE BETANCEIROS E BETANCEIRAS. O MÍNIMO QUE SE LLE PODE PEDIR AOS EDÍS DO GOBERNO É QUE FAGAN O MESMO

Pedimos responsabilidade aos membros do goberno local despois da polémica polas imaxes de varios edís incumprindo as normas do confinamento

Os membros do goberno local son os primeiros que teñen que dar exemplo á veciñanza que leva meses respectando as normas para garantir a seguridade deles mesmos e do resto de betanceiros e betanceiras. O mínimo que se lle pode pedir aos edís do goberno é que fagan o mesmo.

Betanzos, 4 de maio de 2020. O BNG pediu responsabilidade aos membros do goberno local despois da polémica polas imaxes de varios edís incumprindo as normas do confinamento decretadas polo goberno do Estado. “Os membros do goberno local son os primeiros que teñen que dar exemplo á veciñanza que leva meses respectando as normas para garantir a seguridade deles mesmos e do resto de betanceiros e betanceiras. O mínimo que se lle pode pedir aos edís do goberno é que fagan o mesmo”, indicaron desde o BNG.

“Desde o BNG apoiamos ao goberno local en todo o relativo a esta crise por responsabilidade e fixemos en todo momento propostas en positivo porque entendemos que a veciñanza esixe que esteamos á altura da situación”, engadiron desde o grupo nacionalista. “A veciñanza non entendería que dediquemos máis esforzo a ataques electoralistas que a buscar solucións na situación actual, mais é certo que as normas son para todas e todas, independentemente do traballo que teñamos e estamos obrigadas a cumprilas para garantir a seguridade da nosa veciñanza”.

“Estamos nun momento terríbel e as persoas que somos membros da corporación temos que estar á altura, nomeadamente os edís con responsabilidades de goberno”, engadiron. “Agradecemos o traballo que veciños e veciñas, de forma voluntaria, están realizando a través de protección civil como non pode ser doutro xeito, mais iso non desculpa que as normas témolas que cumprir todos e todas para garantir a nosa propia seguridade e a da veciñanza”, concluiron. 

Pedimos responsabilidade aos membros do goberno local despois da polémica polas imaxes de varios edís incumprindo as normas do confinamento