Pedimos no Pleno que se desconte do recibo da traída  polos días que está avolta

"Non é complicado, é revisar a ordenanza fiscal correspondente, un trámite que leva 30 días facer se hai vontade e non se pretende facer pagar á veciñanza por un servizo que, a efectos prácticos, non ten garantido no 100%"

"Xa antes de que comezase a chover, recibimos numerosas queixas porque a auga da traída viña avolta, marrón"

Betanzos, 15 de novembro de 2018. O BNG demandou no Pleno compensación polo estado en que sae a auga da rede municipal de abastecemento. "Xa antes de que comezase a chover, recibimos numerosas queixas porque a auga da traída viña avolta, marrón" explicou o voceiro do BNG, Henrique del Río. As nacionalistas lembran que esta situación vense repetindo recorrentemente, nos últimos anos, e sen coincidir con época de chuvias fortes.

"O convenio coa Xunta non está executado e á vista dos orzamentos para 2019 vai ir para largo" ironizou o edil nacionalista. “Hai máis de 2 anos que o goberno local anunciou este convenio para mellorar a captación de auga, pero tres anos despois aínda non vimos ningunha actuación concreta e a traída de auga, que ademais é un servizo básico que o concello está obrigado a emprestar, é dunha calidade lamentábel no noso concello”, explicou o voceiro do BNG.

Por este motivo, desde o BNG demandaron ao goberno local unha compensación para a veciñanza no recibo da traída. Explican que ao ir avolta non é viábel o consumo, pero que aínda así se cobra polo servizo, cuxo coste sube ano tras ano. "Non é complicado, é revisar a ordenanza fiscal correspondente, un trámite que leva 30 días facer se hai vontade e non se pretende facer pagar á veciñanza por un servizo que, a efectos prácticos, non ten garantido no 100%", engaden.

 “A veciñanza leva anos trasladando as súas queixas continuas ao goberno, sen que, polo momento viramos máis que promesas”, criticou del Río. “Pensamos o goberno local ten que compensar á veciñanza na súa taxa de traída de auga polos continuos episodios de turbidez que impiden utilizar a auga da traída”, engadiu o portavoz do BNG.

Publicación das analíticas e xestión polo Concello da traída

As nacionalistas pediron tamén ao goberno que faga públicas as analíticas sobre a calidade da auga da traída “xa que a cor da auga xera intranquilidade entre a veciñanza sobre a súa calidade”.

“Levamos anos pedindo que se estude a posibilidade de remunicipalizar o servizo da auga, que acumular moitísimas queixas veciñais pola mala calidade do mesmo, e subidas continuas das taxas”, explicou o portavoz do BNG.

Pedimos no Pleno que se desconte do recibo da traída  polos días que está avolta