Pedimos no Pleno que se cobre a taxa polos cableados nas rúas

cableados bng
Cableados de enerxía e teléfono na fachada da sede do BNG

“Betanzos ten regulada esta taxa desde que a aprobou o Pleno en outubro de 2011, a iniciativa do BNG, mais segundo explicou varias veces o concelleiro-delegado de Facenda, non se podía cobrar até o de agora porque as empresas tiñan estas taxas recorridas nos xulgados”

Pedimos no Pleno que se cobre a taxa polos cableados nas rúas

“Betanzos ten regulada esta taxa desde que a aprobou o Pleno en outubro de 2011, a iniciativa do BNG, mais segundo explicou varias veces o concelleiro-delegado de Facenda, non se podía cobrar até o de agora porque as empresas tiñan estas taxas recorridas nos xulgados”

Betanzos, 30 de xaneiro de 2017. O BNG propoñerá no Pleno que se cobre a taxa prevista para as empresas de subministro de servizos que empregan as rúas para facer negocio, caso das eléctricas. “Betanzos ten regulada esta taxa desde que a aprobou o Pleno en outubro de 2011, a iniciativa do BNG, mais segundo explicou varias veces o concelleiro-delegado de Facenda, non se podía cobrar até o de agora porque as empresas tiñan estas taxas recorridas nos xulgados”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

“Agora o Tribunal Supremo vén de avalar en diversas sentenzas que os concellos graven as empresas titulares de instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas ou hidrocarburos pola utilización do dominio público local cun cálculo que excede o valor catastral dos terreos e que inclúe a súa utilidade” explican as nacionalistas.

Neste sentido, o BNG propón que se cobre porque “é de xustiza social que pague máis quen máis ten”. “Está aprobado, é legal e ademais, se paga un bar por ter unha terraza na rúa non vemos motivo para que as grandes eléctricas usen as nosas rúas e enchan as fachadas de cableados para facer negocio gratis”, engaden.

Por este motivo, as nacionalistas propoñerán ao Pleno que se tomen todas as medidas necesarias para, en cumprimento da ordenanza fiscal en vigor, cobrar esta taxa pola utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de subministros de interese xeral nos termos das sentenzas do Tribunal Supremo que así o avalan.

O BNG insiste en reservar prazas no albergue para persoas sen fogar

O BNG volverá a propoñer no Pleno que algunha das trinta prazas do albergue de peregrinos se destine a acoller persoas sen fogar durante os meses de inverno. As nacionalistas explican que a baixa ocupación do albergue durante o inverno permitiría evitar que estas persoas se vexan obrigadas a durmir na rúa.

“É unha simple cuestión de humanidade”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río. “Non pode ser que un edificio público dotado de camas estea baleiro mentres varias persoas teñen que gorecerse a diario en portais ou caixeiros de oficinas bancarias”, engade.

Pedimos no Pleno que se cobre a taxa polos cableados nas rúas