Pedimos melloras na seguridade viaria na avenida da Coruña

Xuntanza coa asociación de veciños da Madalena
Xuntanza coa asociación de veciños da Madalena

“O semáforo vermello da Ponte Nova está a imposibilitar a saída de vehículos desde o calexón que está a carón da Fábrica da Luz”.

“Pedimos ao goberno local que confirme a solicitude a Fomento do cebreado amarelo e informe ao Pleno e á veciñanza da Madalena dos prazos previstos”

Pedimos melloras na seguridade viaria na avenida da Coruña

“O semáforo vermello da Ponte Nova está a imposibilitar a saída de vehículos desde o calexón que está a carón da Fábrica da Luz”.

“Pedimos ao goberno local que confirme a solicitude a Fomento do cebreado amarelo e informe ao Pleno e á veciñanza da Madalena dos prazos previstos”

Betanzos, 31 de maio de 2018. O pasado martes 29 de maio, o grupo municipal do BNG trasladaba ao pleno betanceiro as demandas do barrio da Madalena. A asociación veciñal da Madalena recebeu unha representación do BNG local, que mostrou o seu interese en coñecer as inquietudes e as demandas deste barrio histórico. Os nacionalistas aproveitaron o Pleno para propor tamén o amaño dos accesos aos institutos da Avenida da Coruña, nas proximidades do barrio da Madalena.

“Recibimos queixas da veciñanza da Madalena sobre o tránsito na Avenida da Coruña” - aclara o concelleiro do BNG, Henrique del Río- “porque o semáforo vermello da Ponte Nova está a imposibilitar a saída de vehículos desde o calexón que está a carón da Fábrica da Luz”.

Desde o BNG comprometéronse a trasladar esta problemática ao pleno, xunto á solución proposta pola veciñanza. “A asociación veciñal da Madalena pediunos que o goberno solicitase ao Estado pintar unha zona de cebreado amarelo antes do semáforo. Desta maneira, os coches terían que parar un pouco antes, permitindo a saída de coches desde o calexón.”

No pleno do martes, o portavoz nacionalista, Henrique del Río, preguntou ao goberno local se tiñan coñecemento dunha demanda veciñal, “fácil de satisfacer e que solucionaría de maneira barata o acceso á Avenida da Coruña da veciñanza desa zona de Betanzos”, afirman desde o BNG. En todo o caso, desde o BNG pediron tamén ao goberno local que confirme a solicitude e informe ademais ao Pleno e á veciñanza da Madalena dos prazos previstos.

Melloras no acceso aos institutos

Nesta avenida están dous institutos públicos da localidade. Isto motivou que hai meses as nacionalistas pedisen tamén que se demandase a Fomento a reformulación dos accesos aos dous institutos a fin de incrementar a seguridade viaria.O BNG demandou a cesión do treito urbano da N-VI e N-651 ao Concello para que sexa este quen poida establecer medidas adicionais de seguridade viaria dado que o Ministerio de Fomento non atende estas demandas veciñais.