“É INADMISÍBEL QUE TENDO O PASATEMPO PECHADO E A CAER POR EXEMPLO NON SE FAGA UN ESFORZO POR PARTE DO CONCELLO QUE ADEMAIS É O PROPIETARIO DO PARQUE PARA REVERTER A SITUACIÓN"

Pedimos ao goberno local que rectifique a súa proposta de orzamento para o ano 2020

“É inadmisíbel que tendo o Pasatempo pechado e a caer por exemplo non se faga un esforzo por parte do Concello que ademais é o propietario do Parque para reverter a situación, por iso pedimos ao goberno local que rectifique e presente un orzamento con altura de miras, con investimento no noso patrimonio que aposte polos servizos públicos de calidade e que trate a todos os veciños e veciñas en igualdade de condicións”

Betanzos, 5 de decembro de 2019.  O BNG pediu ao goberno local que rectifique a súa proposta de orzamento para o ano 2020. “Trátase dun orzamento onde aumenta o gasto en subvencións “a dedo” e en empresas privadas e se reduce o xa escaso investimento”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “Nas bases de execución da proposta de orzamento para o vindeiro ano o goberno local incrementa até os 168905 euros os gastos en subvencións nominativas mentres leva desde o 2017 sen convocar as subvencións ás que todas as entidades poderían optar”, explicou o portavoz nacionalista. “Do Plan de subvencións que esixe a lei e que se comprometeron a elaborar hai 2 anos non volvemos saber nada”, engadiu, “ademais retíranlle a subvención nominativa á ANPA do CEIP Vales Villamarín, despois de crear outra asociación que xestione as actividades extraescolares”.

“Os gastos en servizos privatizados son escandalosos chegando aos 2.056.685 euros e segue medrando ano tras ano”, criticou o portavoz do BNG. “O goberno local ten que aclarar se realmente vai defender os servizos públicos de calidade ou se como levan facendo os últimos anos vai seguir apostando polas privatizacións. Actualmente temos privatizados a maioría dos servizos, desde o cemiterio ao mantemento de zonas verdes e desde o saneamento e a auga até a participación cidadá, e a realidade é que non temos mellores servizos máis ben o contrario, funcionan peor ano tras ano e sáennos máis caros a todos e todas”, explicou Del Río.

Sen investimento propio, nin no Pasatempo nin en patrimonio

“Ademais é un orzamento onde botamos en falta un esforzo en investimento. O pouco investimento municipal é o co orzamento que facilita a Deputación a través do POS mentres temos Betanzos e as nosas parroquias cada vez máis abandonados e o noso patrimonio a caer”, indicou o portavoz do BNG.

“É inadmisíbel que tendo o Pasatempo pechado e a caer por exemplo non se faga un esforzo por parte do Concello que ademais é o propietario do Parque para reverter a situación, por iso pedimos ao goberno local que rectifique e presente un orzamento con altura de miras, con investimento no noso patrimonio que aposte polos servizos públicos de calidade e que trate a todos os veciños e veciñas en igualdade de condicións”, concluíu Del Río. 

Pedimos ao goberno local que rectifique a súa proposta de orzamento para o ano 2020