Pedimos que se actualice e complete o web da Oficina de Rehabilitación

O voceiro do BNG, Henrique del Río, nun recanto do Casco Histórico
O voceiro do BNG, Henrique del Río, nun recanto do Casco Histórico

“Pode darse practicamente toda a información por medio do web para que calquera veciña se faga unha idea aproximada das axudas que pode ter para rehabilitar unha vivenda no Casco Histórico e dea o paso de ir á Oficina, e cremos que o Concello ten que poñerllo fácil a quen quere dar ese paso”

O BNG tamén propoñerá ao Pleno que o goberno local vixíe o cumprimento das promesas de rehabilitación da Xunta, facendo seguimento de compromisos e prazos para evitar a situación que se deu entre 2010 e 2018, dando información trimestral á comisión de patrimonio.

Pedimos que se actualice e complete o web da Oficina de Rehabilitación

“Pode darse practicamente toda a información por medio do web para que calquera veciña se faga unha idea aproximada das axudas que pode ter para rehabilitar unha vivenda no Casco Histórico e dea o paso de ir á Oficina, e cremos que o Concello ten que poñerllo fácil a quen quere dar ese paso”

O BNG tamén propoñerá ao Pleno que o goberno local vixíe o cumprimento das promesas de rehabilitación da Xunta, facendo seguimento de compromisos e prazos para evitar a situación que se deu entre 2010 e 2018, dando información trimestral á comisión de patrimonio.

Betanzos, 27 de febreiro de 2018. O BNG demandará no Pleno que se actualice e complete a información que o Concello ofrece no web da Oficina de Rehabilitación. “O novo web municipal, presentado apenas hai dous meses, mantén a mesma falta de información sobre as opcións que calquera persoa poida ter para rehabilitar unha vivenda da súa propiedade no Casco Histórico”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

As nacionalistas explican que as referencias que o web ofrece son “ao Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012, a unha orde de subvencións da Xunta para o remate de fachadas e cubertas de 2011 ou, como entrada máis actual, a orde de axudas á rehabilitación do Plan estatal do pasado ano”. “Son convocatorias xa pechadas e resoltas, mesmo hai anos, o que pode inducir a erro”, engaden.

Por este motivo, desde o BNG consideran necesario actualizar e complementar a información web da Oficina de Rehabilitación. “Se rehabilitar o Casco Histórico é unha prioridade para o goberno como din que é, consideramos o lóxico sería que o web aporte unha primeira información á veciñanza sobre o que pode ofrecer a Oficina de Rehabilitación antes de visitala fisicamente”, explica Henrique del Río.

“Cremos que ademais é algo que pode facer a propia administración sen custo algún, e non ten sentido ter pagado por un novo web para arrastrar sen revisar a información xa desfasada que tiña o vello”, engade. “Pode darse practicamente toda a información por medio do web para que calquera veciña se faga unha idea aproximada das axudas que pode ter para rehabilitar unha vivenda no Casco Histórico e dea o paso de ir á Oficina”, explica o edil nacionalista. “E o Concello ten que poñerllo fácil a quen quere dar ese paso”, abunda.

Desde o BNG aseguran que “chama a atención a falta de medidas concretas para a promoción da rehabilitación das vivendas na zona monumental, alén dunha rebaixa de taxas como se fose a presión fiscal o verdadeiro causante da situación que presenta o parque inmobiliario do Casco Histórico”. “Isto, obviamente, tradúcese no avellentamento poboacional e noutros fenómenos sociodemográficos que contribúen á lenta e progresiva degradación do que, no BNG consideramos, debera ser a locomotora que tirase do progreso de todo o municipio” relata Del Río.

Facer seguimento dos anuncios da Xunta no Casco Histórico

O BNG tamén propoñerá ao Pleno que o goberno local vixíe o cumprimento das promesas de rehabilitación da Xunta, facendo seguimento de compromisos e prazos para evitar a situación que se deu entre 2010 e 2018, dando información trimestral á comisión de patrimonio. “En 2010 a Xunta anunciou anunciou a adquisición de 10 edificios coa promesa dunha actuación exemplar de rehabilitación, dos que aínda agora ven de comezar os traballos nos tres primeiros, malia o cal anuncia novas adquisicións exactamente coas mesmas promesas que hai oito anos” recordan.

“Moito nos tememos que os anuncios deste ano sexan exactamente iguais aos de hai oito anos, e por iso pedimos que o Concello, a nivel oficial, faga seguimento dos prazos anunciados pola Xunta para que non queden en nada como da outra vez”, explica o voceiro do BNG.  

Pedimos que se actualice e complete o web da Oficina de Rehabilitación