Pedimos que o Concello deixe de sulfatar herbicidas a carón das fontes

A fonte dos Ánxeles

“Non se pode andar alardeando turisticamente de sermos unha Reserva da Biosfera e logo botar produtos químicos a carón de fontes públicas con tanta lixeireza”

“Este tipo de prácticas que o goberno local ven repetindo de cando en vez van en contra do que a Directiva Marco da Auga exixe””

Pedimos que o Concello deixe de sulfatar herbicidas a carón das fontes

“Non se pode andar alardeando turisticamente de sermos unha Reserva da Biosfera e logo botar produtos químicos a carón de fontes públicas con tanta lixeireza”

“Este tipo de prácticas que o goberno local ven repetindo de cando en vez van en contra do que a Directiva Marco da Auga exixe”

Betanzos, 17 de marzo de 2017. O BNG demandou ao goberno local que ordene suspender de inmediato as fumigacións con herbicidas a carón de varias fontes en distintos lugares do municipio. Segundo varias veciñas trasladaron ás nacionalistas, operarios municipais terían botado produtos herbicidas xunto a varias fontes moi utilizadas pola veciñanza. “Estas fumigacións afectan ás herbas sobre as que se bota, pero chegan en suspensión ou a través da terra á auga” explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Desde o BNG consideran “un problema serio” que o propio Concello estea a contaminar utilizando estes produtos e comprometendo a calidade da auga que bebe a propia veciñanza por non facer outro tipo de traballos, como rozas ou eliminación mecánica das herbas que se queren retirar. “Por aforrar uns euros estanse tirando produtos nocivos para o medio e mesmo para a saúde xunto aos cursos de auga”, advirten.

Neste sentido, as nacionalistas reclaman ao goberno local que teña “sentidiño”. “Non se pode andar alardeando turisticamente de sermos unha Reserva da Biosfera e logo botar produtos químicos a carón de fontes públicas con tanta lixeireza”, advirten.

Desde o BNG recordan que a directiva europea da auga obriga a orientar a xestión dos acuíferos “cara o uso sustentábel da auga baseada na prevención, conservación e restauración dos ecosistemas acuáticos. “Obviamente este tipo de prácticas que o goberno local ven repetindo de cando en vez van en contra do que a Directiva Marco da Auga exixe”” explica Del Río.

O goberno non publica as analíticas das fontes que aprobara facer

O BNG recordou que o Pleno aprobou unha moción nacionalista para realizar periodicamente analíticas ás augas das fontes tradicionais do municipio e publicalas nun lugar accesible para informar á veciñanza da calidade da auga que consume. “Malia levar anos aprobada, aínda nada fixo o goberno local para informar á veciñanza sobre a auga que consumimos”, lamentan.

 

Pedimos que o Concello deixe de sulfatar herbicidas a carón das fontes