Os nacionalistas censuran a PP e PSOE as súas promesas incumpridas con respecto ao barrio da Ribeira

Vales: “PSOE e PP utilizan as inundacións da Ribeira para atacarse mutuamente pero esta noite volveron inundarse as casas sen que fixesen nada”.

Betanzos 28 de setembro de 2011. “PSOE e PP utilizan as inundacións da Ribeira para atacarse mutuamente pero esta noite volveron inundarse as casas sen que fixesen nada” afirmou o concelleiro nacionalista Xosé Vales. Os nacionalistas censuran a PP e PSOE as súas promesas incumpridas con respecto ao barrio da Ribeira.

O concelleiro Xosé Vales reprochou ao PP que se presentase ás eleccións de maio anunciando unha macroinversión da Xunta que “non aparece por ningún lado”. Neste sentido o concelleiro nacionalista recordou que tanto o PSOE coma o PP levan anos anunciando, en vésperas de eleccións, “proxectos que non teñen ningunha base real”.

En concreto, o pasado maio o PP anunciou que a Xunta comprometía 3 millóns de euros para minimizar os efectos das mareas na Ribeira. Ao mesmo tempo o candidato do PSOE, reivindicaba un proxecto faraónico do ano 2007, que nunca tivo tampouco reflexo orzamentario

Vales: “PSOE e PP utilizan as inundacións da Ribeira para atacarse mutuamente pero esta noite volveron inundarse as casas sen que fixesen nada”. O BNG, pola contra, presentou unha alegación aos últimos orzamentos do Estado solicitando unha partida de 1 millón de euros, para rexenerar a Ría, o que contribuiría a paliar esta situación. Nin PSOE nin PP apoiaron esta enmenda.

Os nacionalistas censuran a PP e PSOE as súas promesas incumpridas con respecto ao barrio da Ribeira