O BNG DEMANDOU AO GOBERNO LOCAL QUE DEA CONTA Á DEPUTACIÓN DE TODAS AS EIVAS QUE AS OBRAS EXECUTADAS PROVOCARON NA ESTRADA E EXIXA A SÚA URXENTE REPARACIÓN.

Levamos a Pleno as queixas de veciñas do Mandeo e usuarias da estrada DP-0905 pola caída dos cómaros

meli quique
Henrique del Río e Amelia Sánchez
O BNG demandou ao goberno local que dea conta á Deputación de todas as eivas que as obras executadas provocaron na estrada e exixa a súa urxente reparación.
Levamos a Pleno as queixas de veciñas do Mandeo e usuarias da estrada DP-0905 pola caída dos cómaros

O BNG demandou ao goberno local que dea conta á Deputación de todas as eivas que as obras executadas provocaron na estrada e exixa a súa urxente reparación.

Betanzos, 3 de xaneiro de 2020. O BNG trasladou ao Pleno as queixas de numerosas veciñas do Mandeo e usuarias da estrada DP-0905 polo derrubo de cómaros e os problemas que isto provoca. Esta estrada une Betanzos con Paderne, Irixoa e outros municipios da contorna. “Recentemente a Deputación deu por rematadas as obras na estrada, pero o resultado das actuacións, a xulgar polas críticas que temos recibido, deixa moito que desexar” explicou o voceiro do BNG, Henrique del Río.

As nacionalistas explican que teñen recibido numerosas queixas “debido a que os cómaros quedaron de terra solta e agora ao chover estanse vindo abaixo, caendo sobre a estrada e anegándoa”. “A isto contribúe tamén a mala drenaxe realizada, segundo moitas persoas peor á existente antes desta actuación”, abunda o edil do BNG.

Por este motivo, Henrique del Río demandou ao goberno local que dea conta á Deputación de todas as eivas que as obras executadas provocaron na estrada e exixa a súa urxente reparación. “É unha cuestión de seguridade, non ten moito xeito facer unha obra para construír unha senda peonil e que esta sexa de imposíbel uso por caer pedras desde varios metros de altura, estar cortada por refugallos ou anegarse pola escorrentía da auga da propia calzada" engade.

Levamos a Pleno as queixas de veciñas do Mandeo e usuarias da estrada DP-0905 pola caída dos cómaros