Levamos de novo ao Pleno municipal a situación do Complexo San Roque

O voceiro do BNG, Henrique del Río
O voceiro do BNG, Henrique del Río

“Levamos anos denunciando que esta concesión municipal non abona o que lle corresponde ao concello e que o goberno local non informa debidamente do relativo a esta concesión”

O grupo nacionalista pediu información ao goberno local sobre se ten constancia deste novo cambio na empresa que explota o complexo San Roque e que ten pensado facer ao respecto, tendo en conta que segundo a última conta xeral seguen sen ingresar o canón correspondente pola concesión.

Levamos de novo ao Pleno municipal a situación do Complexo San Roque

“Levamos anos denunciando que esta concesión municipal non abona o que lle corresponde ao concello e que o goberno local non informa debidamente do relativo a esta concesión”

O grupo nacionalista pediu información ao goberno local sobre se ten constancia deste novo cambio na empresa que explota o complexo San Roque e que ten pensado facer ao respecto, tendo en conta que segundo a última conta xeral seguen sen ingresar o canón correspondente pola concesión.

Betanzos, 2 de xaneiro de 2018. O BNG trasladou de novo ao Pleno municipal a situación do Complexo San Roque. “Despois de múltiples iniciativas plenarias, tanto do BNG coma doutros grupos, dunha comisión de investigación que forzamos da que nunca máis se soubo, temos constancia de que aparcamento soterrado da rúa Rosalía de Castro, concedido a Complexo San Roque está aberto, se ben nun cartel pon ‘só clientes hotel’, explicou o voceiro nacionalista.

“Non sabemos en que situación está actualmente este negocio de propiedade municipal fóra de que non aparecen ingresos un ano máis na conta xeral relacionados con el”, criticou del Río. “Levamos anos denunciando que esta concesión municipal non abona o que lle corresponde ao concello e que o goberno local non informa debidamente do relativo a esta concesión”, engadiu

“Segundo o web do hotel, rebautizado como ‘Villa de Betanzos’, é outra a empresa privada que o explota. E van tres que teñamos documentado no BNG, sen que o goberno local, por certo, dese conta a Pleno ou este autorizase a cesión do contrato como establece o mesmo”, informou o portavoz do BNG.

Por todo isto o grupo nacionalista pediu información ao goberno local sobre se ten constancia deste novo cambio na empresa que explota o complexo San Roque e que ten pensado facer ao respecto, tendo en conta que segundo a última conta xeral seguen sen ingresar o canón correspondente pola concesión.

“Cando pensan ter as conclusións da comisión de investigación, reunida hai un ano por última vez e sen poder investigar realmente o sucedido? Cando as pensan trasladar á Corporación e facelas públicas?”, preguntou o portavoz nacionalista, quen incidiu en que moitos meses despois da reunión desta comisión segue sen avanzarse nada na situación desta concesión.