"ISO É O RESPONSÁBEL NESTE CASO, POÑER FIN A ONCE ANOS DE INDECISIÓN PARA RECUPERAR O PATRIMONIO DAS BETANCEIRAS"

Lamentamos que o goberno local votara en contra de expropiar a Casa Gótica para ubicar nela equipamentos socioculturais

O voceiro do BNG, Henrique del Río, nun recanto do Casco Histórico
O voceiro do BNG, Henrique del Río, nun recanto do Casco Histórico

Se non queren dar a perigosa lección de que tirar ás bravas o patrimonio histórico sae gratis, goberno local e Xunta teñen que reabrir o procedemento sancionador antes de que as infraccións prescriban”

Lamentamos que o goberno local votara en contra de expropiar a Casa Gótica para ubicar nela equipamentos socioculturais

Betanzos, 23 de outubro de 2019. O BNG lamentou que o goberno local votara en contra de expropiar a Casa Gótica para ubicar nela equipamentos socioculturais para a veciñanza do Casco Histórico. “O PSOE negouse a votar a favor do seu propio compromiso electoral de expropiar e dedicar a Casa Gótica a usos culturais, iso é o que vale a palabra do goberno local”, ironizou o voceiro do BNG, Henrique del Río.

Onte anunciaron que volverán poñerlle ao propietario outra multa coercitiva, a quinta”, explicou o edil nacionalista. “Cando á vista está que durante todo o tempo que o goberno do PSOE enredou con multas coercitivas foi tempo perdido para recuperar este inmoble icónico do noso patrimonio”, lamenta o portavoz municipal do BNG. “Fracasaron na intención de recadar 124 000 euros para reconstruír subsidiariamente a Casa Gótica e tamén na de forzar ao propietario a volver construír o edificio”, resume.

Pero é que ademais iniciar aexpropiación non é contraditorio con seguir tentando esa vía, son camiños paralelos, complementarios”, relata Del Río. “Pero o goberno local durante once anos estivo enredando con distintas ocorrencias, aparcando todas as outras vías que a lexislación prevé para apostar todo a unha soa opción” lamenta. “Primeiro que se as multas coercitivas, logo que negociacións co propietario, agora negociación coa Xunta para ver se o propietario vende, logo que se xa non negocian co dono e no medio que igual execución subsidiaria”, resume. “Nada impedía que no que se buscaba un acordo polas boas co propietario se fosen adiantando trámites para unha expropiación, pero o PSOE non quixo facelo”, cuestiona.

Non teñen unha idea formada sobre como facer para recuperala e todo se lle vai a esconderse detrás dos funcionarios municipais, apelando a papeis e informes, como se fosen os técnicos quen teñen responsabilidade de gobernar e non eles” engade o voceiro do BNG. “Suponse que o goberno local dirixe o Concello en base ao seu programa electoral, pero o PSOE desdíxose onte dos seus compromisos electorais votando en contra de expropiar a Casa Gótica porque anunciou que vai seguir facendo no tema o que fixo até o de agora”, conclúe.

Nós temos claro que facer: fracasou a vía das multas coercitivas para que o dono reconstrúa e non hai posibilidade de acordo, hai que expropiala para que sexa un edificio municipal”, explica o voceiro do BNG. “Expropiala para recuperar o patrimonio e para que o Casco Histórico teña un centro sociocultural, xa que carece del”, abunda. “Iso é o responsábel neste caso, poñer fin a once anos de indecisión para recuperar o patrimonio das betanceiras”, engade. “E xa lle tendimos varias veces a man ao PSOE para facelo, maniféstandolle o noso apoio no caso de que optase por expropiala” explica o portavoz municipal do BNG.

Resulta curioso que o PP tilde de ‘irresponsábel’ a nosa proposta de expropiar a Casa Gótica e dedicala a uso sociocultural e evite apoiala, cando eles mesmos propuxeron isto mesmo en 2016” resalta o portavoz do BNG. “E era voceiro do PP o mesmo concelleiro que onte nos descualificaba por propór o que eles demandaban”, engade.

Retomar o procedemento sancionatorio

As nacionalistas denuncian, ademais, que tanto o goberno local como a Xunta paralizaron os procedementos sancionatorios abertos contra o propietario por tirar a Casa Gótica sen licenza. “Dicían que durante o proceso xudicial non podían impoñer unha sanción administrativa, pero o certo é que o xuízo acabou e non a retomaron”. “Se non queren dar a perigosa lección de que tirar ás bravas o patrimonio histórico sae gratis, goberno local e Xunta teñen que reabrir o procedemento sancionador antes de que as infraccións prescriban”, abunda. “Porque, aínda que o goberno local pretenda enganar á veciñanza, non hai ningunha sanción imposta todavía por este feito xa que as ‘multas coercitivas’, malia o nome, non son sancións”, conclúe.

Lamentamos que o goberno local votara en contra de expropiar a Casa Gótica para ubicar nela equipamentos socioculturais