Lamentamos que o goberno local redacte unha  ordenanza para a Feira Franca onde se centra en aspectos do programa e sen puntos básicos para a xestión

O local do BNG engalanado para a Feira Franca Medieval
O local do BNG engalanado para a Feira Franca Medieval

“Ademais en aspectos concretos vemos que a ordenanza é bastante inxusta, recolle por exemplo a posibilidade de renovación automática para os postos de elaboración de comida in situ (os que saen a poxa: crepes, kebabs, pan pizza, polbo, churrasco, etc), que xa sairon a poxa hai aproximadamente un mes,  mentres esta posibilidade está prohibida para o resto de postos incluídos os das asociacións”. 

Dende o BNG botan de menos concreción nos criterios de selección de postos de asociacións ou de comercios.

Lamentamos que o goberno local redacte unha  ordenanza para a Feira Franca onde se centra en aspectos do programa e sen puntos básicos para a xestión

“Ademais en aspectos concretos vemos que a ordenanza é bastante inxusta, recolle por exemplo a posibilidade de renovación automática para os postos de elaboración de comida in situ, que xa sairon a poxa hai aproximadamente un mes,  mentres esta posibilidade está prohibida para o resto de postos incluídos os das asociacións”

Dende o BNG botan de menos concreción nos criterios de selección de postos de asociacións ou de comercios.

Betanzos, 12 de abril de 2018. O BNG lamentou que o goberno local redacte unha proposta de ordenanza para regular a feira medieval onde se centra en aspectos do programa e sen embargo non recolle puntos básicos para a xestión dos postos e a Feira Franca.

“Nos últimos anos os postos de bebidas estaban obrigados a utilizar uns vasos de cartón que distribuía o Concello, deixando a parte o pouco rigoroso que resulta utilizar vasos de cartón nunha festa de recreación histórica, non hai ordenanza ningunha que regule os cobros por estes conceptos e na proposta que o goberno acaba de facer estes aspectos tampouco se recollen”, indicou o portavoz do BNG, Henrique del Río.

“Despois de anos solicitando as contas da Feira Franca para saber como se cargaban na conta estes gastos fomos incapaces de conseguir esta documentación e a propia interventora advirte nos seus informes do irregular destes ingresos”, explicou Del Río, “pensamos que estes ingresos o momento de regulalos sería con esta proposta de ordenanza”.

“Ademais en aspectos concretos vemos que a ordenanza é bastante inxusta, recolle por exemplo a posibilidade de renovación automática para os postos de elaboración de comida in situ (os que saen a poxa: crepes, kebabs, panpizza, polbo, churrasco, etc), mentres esta posibilidade está prohibida para o resto de postos incluídos os das asociacións”, engadiu o portavoz nacionalista.

Dende o BNG botan de menos concreción nos criterios de selección de postos de asociacións ou de comercios. “A ordenanza marca un número máximo de 10 postos de asociacións e comercios con escaparate nas rúas onde se celebra a Feira, pero non dí como se vai establecer a prioridade entre uns e outros no caso de que houbese máis peticións”, informou Del Río.

Establecer por norma o mesmo programa

“Non ten sentido incluír o programa da festa de recreación histórica nunha ordenanza, porque obrigas a facer todos os trámites da ordenanza para cambialo” indica. “Só ten xeito se pretendes blindar o actual programa, que cada ano suma centos de críticas por repetirse mimeticamente ano tras ano”, explica. “O problema da Feira Franca é precisamente ese, e con este proceso o goberno local pretendía facer que estaba disposto a cambialo todo, pero para que todo siga exactamente igual”, engade.

Para as nacionalistas, o goberno local xa deu mostras de non querer cambiar absolutamente nada do programa da Feira Franca cando, en medio deste proceso, sacou a poxa os postos para o festexo nos mesmos termos e condicións que o ano pasado. “Agora, faise norma que haxa un posto de kebabs na Feira Franca, algo bastante cuestionábel desde o punto de vista histórico e da ambientación que o goberno di que quere coidar con esta norma”, resume graficamente Del Río.

Falta de transparencia

Segundo detallan as nacionalistas, o goberno local explica que o regulamento está feito sobre as propostas que a veciñanza aportou. “Non sabemos cantas houbo, nin de que tipo, porque non se informou sobre isto e non se detallan, mais con todas as críticas que ano tras ano recibe non vemos que se recollan na proposta”, relata o edil do BNG. “Si que é certo que vai algunha cousa das que propuxemos nos últimos vinte anos na parte expositiva da norma mais isto despois non ten reflexo nas propostas concretas, mais ben todo o contrario”, concluíu o portavoz do BNG.

Bótanos unha man a mellorala

Aquí tes o texto íntegro da ordenanza, dálle unha ollada e coméntanos todo o que cambiarías nela, Levarémolo á comisión para modificala.