“EN XANEIRO, CANDO PROPUXEMOS REGULARIZAR A SITUACIÓN DO CONSERVATORIO, O GOBERNO LOCAL ANUNCIOU QUE TIÑA UN APAÑO PARA ACABAR O CURSO, MAIS AGORA VEMOS QUE NON HAI NADA EN FIRME E QUE O GOBERNO LOCAL OBRIGA AO ESCASO ALUMNADO QUE QUEDA NA MATERIA A PERDER O CURSO”

Lamentamos que o curso remate sen profesorado de percusión no conservatorio

quique meli
Henrique del Rïo e Amelia Sáchez

“En xaneiro, cando propuxemos regularizar a situación do conservatorio, o goberno local anunciou que tiña un apaño para acabar o curso, mais agora vemos que non hai nada en firme e que o goberno local obriga ao escaso alumnado que queda na materia a perder o curso”

Lamentamos que o curso remate sen profesorado de percusión no conservatorio


“En xaneiro, cando propuxemos regularizar a situación do conservatorio, o goberno local anunciou que tiña un apaño para acabar o curso, mais agora vemos que non hai nada en firme e que o goberno local obriga ao escaso alumnado que queda na materia a perder o curso”

Betanzos, 29 de marzo de 2019. O BNG amosou a súa preocupación pola situación do conservatorio municipal Carlos López García-Picos, tras coñecer que o goberno local renunciara a contratar profesorado para a materia de percusión no que queda de curso escolar.

O voceiro do BNG, Henrique del Río, considera que “é moi grave que nun ensino regrado, como o conservatorio, o alumnado estea sen profesorado”. “Máis aínda cando a situación é causa unicamente da mala xestión do goberno local, quen xestiona e dirixe o centro educativo”, abundou. “Isto está a ocasionar graves prexuízos ao alumnado, que ao que se ve está abocado xa a perder o curso” explica. “Con que criterio se van a poñer cualificacións, con independencia de que sexan precisos ou non para os estudos do grao medio”, preguntouse.

“En xaneiro, cando propuxemos regularizar a situación do conservatorio, o goberno local anunciou que tiña un apaño para acabar o curso”, recorda Del Río. “Mais agora vemos que non hai nada en firme e que o goberno local obriga ao escaso alumnado que queda na materia a perder o curso”, engade. “E todo é porque o PSOE preferiu seguir facendo as cousas mal no conservatorio, e agora pagan as consecuencias alumnado e familias”, abunda.

As nacionalistas insisten en que detrás do problema do conservatorio está a “política de persoal irresponsábel do PSOE durante lustros”. “O que non pode ser é que estea así un centro de ensino oficial e que as consecuencias as paguen alumnado e familias”, insiste Del Río.

O BNG propón comarcalizar o conservatorio para garantir a súa viabilidade

“Unha das causas do déficit do Conservatorio  é a desproporcionalidade do salario dos docentes, que o PSOE situou fóra do convenio colectivo” explicou o edil do BNG. “Isto non se pode cubrir só subindo a taxa ao alumnado e coa axuda doutras administracións, senón que require repensar o servizo”, explica Del Río.

Neste sentido, o BNG ten proposto en reiteradas ocasións en que se debe mancomunar un servizo que de feito xa é comarcal. “Betanzos é a cabeceira comarcal e ten que comportarse como tal, sentar aos concellos da redonda e tender pontes para garantir a viabilidade do Conservatorio”, conclúe.
 

Lamentamos que o curso remate sen profesorado de percusión no conservatorio